miércoles, 30 de noviembre de 2016

O CUARTO DAS ABELLAS (ANTIA OTERO)

Cando coñecín a Antia Otero, no ano 2010 co gallo da presentaciòn do seu segundo poemario.-"Retrovisor", da que falara enton nesta Torre de los sueños Esmeralda, con admiraciòn é sorpresa, a postre mais unha performance sorprendente e sorpresiva, un video existencialista cheo de vitalidade e xogos coas imaxes, a musica, o silencio a palabra,guiños xurdidas do subconsciente, onde a poeta da Estrada mergullaba con desenfado, para min Antia tan so era a "Filla de David",(O meu benquerido e admirado mestre  David Otero), pois nada mais coñecía dela.

Retrovisor parte de la débil línea que separa lo real de la ficción y se hace poema escénico tomando la palabra, la música, la acción y la grabación en directo de una road movie en plano secuencia, coa vontade de construír un espazo de identidade onde a voz se sinta cómoda.

Non en van, este é un poemario confesional, aínda que configura unha confesión prometida que nunca dá chegado. Con imaxes de Win Wenders como telón de fondo e creando un lugar de silencio cheo de palabras, (Retro)visor constrúese a partir da hibridación de diferentes disciplinas, onde o código poético entrelaza un discurso de longo monólogo, de extenso poema intimista con forma de road-movie,unha viaxe pola estrada interior para chegar á reflexión vital e ao pensamento.

Hoxe, pasaron seis anos dende aquela presentaciòn naquel tugurio, entendamos por tal no bo senso da palabra, un bar, un local, un lugar onde a xente dase en reunir para conversa doce e tertulia amigable, de cuxo nome non me lembro, pero do que gardo agarimoso recordo, e volvo a descubrir no seu "O cuarto das abellas", unha muller, unha poeta, unha Antia, madura, profunda, amable escritora, soñadora de versos e palabras que che levan da man nunha caixa de musica inventada, coma aquelas da miña nenez, cara o dia a dia, sen mais pretensiòn que doer a vida, como  ben nos comenta na contraportada do libro Fran Lorenzo, o seu editor de Xerais, "Tratase dun libro que nace da tensión entre o doméstico  e o salvaxe" .
O cuarto das abellas' es un apiario de palabras, "una estructura cerrada e inquietante" en el que se esgrime una poesía agria, sin almíbar". "Porque amarga es la verdad, el amor y todo aquello que aquí duele por su certeza", agrega.
Unha moi fermosa obra, un poema continuo no que o lector se sinte como na casa, na casa das abellas, doce, mel de sentimentos que atrapan e fanche viaxar batento as ás como unha mais destas abellas en forma de palabras maxicas.

Tal e como relata a autora...."Quería abandonar o drama, non quería botar de menos, só quería contar que ese territorio está sendo abandonado". (entrevista en Diario cultural de Radio Galega).




Non quixera morrer
sen sentir que pagou a pena
que as fillas que terei estarán agradecidas
da ausencia
que as lousas que freguei
brillarán no arrabalde......(A Esmelga.-De non quixera morrer)








No Enxame......
as obreiras
beben tequila
cando non hai futbol
na tele
falan e silencian
comparten alento
nos lugares coñecidos
que son aqui
Ás veces
entre limóns e sal
moven as ás
petando na mesa
Cospen
desatan a acción das ninguén

e sorpréndense
Publicar un comentario