V ENCONTRO DE POETAS EN BONAVAL. (V ENTREGA E FINAL DA SERIE )

Dou por rematado con esta quinta e ultima entrega a serie de intervencions dos Poetas, Musicos e Artistas que nos dimos cita no fermosisimo recinto da igrexa de Sto.Domingo de Bonaval, o pasado dia 16 de Outubro, co gallo do que foi un novo encontro, de poetas e amigos en poesia preludio dunha nova proxima quedada a beira do mar salgado.
Foi un fermoso soño convertido en realidade da que gustamos e saboreamos ata a derradeira palabra os que ali nos dimos cita, un bo grupo de grandes soñadores, ilusionados con facer da poesia o seu Santo e seña de vida, como maneira de expresar, compartir, e sentir e facer sentir o que teodos nos levamos dentro, esta unica e irrepetible "vida", que cada quen vende como pode o lle deixan, que ao final resulta ser o unico que importa.......
Desta volta tocalle o turno A;



DIEGO Q.S.
LORENA REI.
VIOLANTE REINA.
RAMIRO VIDAL ALVARIÑO.
ANGEL UTRERA. 




Diego Q.S.

I.Noxo.

A. Cando tiña 5 anos puxéronme unha pistola na man.
B. Cando tiña 5 anos mataron a meu pai.
A. Meu pai marchou da casa cando non nacera.
B. Nunca me deixaron ter unha pistola.
A. Pero non morreu.
B. Non o mataron.
A. Obrigáronme. Eu non quería.
Eu non fixen aquilo.
Eu non fixen nada. Eu era un monicreque.
Quixeron converterme nun destrutor.
Pero eu non fun nunca destrutor.
Nunca matei.
Non fixen nada.
Colléronme e leváronme ao deserto.
Prometéronme o imposible.
Tivéronme entre reixas comendo o que cagaba.
Querían que lles baixara os pantalóns.
Nunca entendín aquilo.
Eu só quería ver tras a cortina.
Ninguén me deixaba ser eu.
Viaxei por un mar deserto
cheo de mortos.
Andei entre cadáveres
sendo eu cadáver eternamente vivo.
B. Só 5 anos tiña.
Ese rapaz non tiña culpa.
Ese rapaz non fixo mal ningún.
Ese rapaz naceu onde non debía nacer.
Ese rapaz foi así porque así o fixeron.
Ese rapaz foi
masacrado,
torturado,
violado
con 5 anos.
A. A nai era marabillosa,
perfecta.
A nai queríao preto.
Moito cariño lle daba ao seu neno.
Cumpríalle todos os caprichos.
Quería que fora feliz.
Que nai non o quere?
B. A miña.
Chúpolla a un maricón cincuentón para que consiga traballo.
Aturo sangue no meu lombo.
Vexo pasar a xente pola ventá.
Ninguén me fai caso.
Son unha estrela tapada pola lúa.
Lévanme a unha habitación.
Afóganme coa almofada.
Estou boca abaixo.
Métenme nunha fosa.
Fanme tragar a miña merda.
Afogo e ninguén me saca.
Vén ela.
Cólleme os pelos e sácame.
Estou contra a parede.
O látego está a piques de rebentar.
Ninguén se lembra de min.
Ninguén sabe quen son.
Vexo o meu corazón tirado polo chan.
A fosa vólvese vermella.
Berro todo o que podo.
Pasa alguén por diante e non me ve.
E outra persoa máis, e outra, e outra, e outra...
Deslízome polo chan ata a porta.
Está pechada.
O mundo ignórame.
Volve.

Quedo sen pernas.


II.Os Bicos dos Mozos Luxuriosos.


Vin sós fogosos corvos,
polo furor divino. Co son
dos ríos, foron ó sol
bulindo xunto ós mouchos.
Tinguiu co tupido colo, orfo polos bicos,
polos ollos mortos consumidos
co soño, so os pobos, xunto ó colo.
Os luxuriosos subiron polos ritos dos bicos
mortos polo propio brillo dos corpos. Os bicos foron mortos,
por non vir co sono. Corro co soño frío,
co corpo só frío, só contigo
vindo do xogo vitorioso
non posuíndo os dous puros virgos.
Corro polo rostro nu do corpo novo
lucindo uns corpos morbosos co pudor
non volto só nuns bicos.
Corro co soño, corro co morto, corro contigo,
pois conto os minutos do solpor
por ir contigo polo soño dos corvos.
Digo os corpos, digo os rostros,
digo ir contigo polos soños dos mortos,
non por mor do corpo for vivo
só ti comigo xuntos mortos
polo mundo sórdido cos contos dos soños,
mortos só polo sol.
Oh, foi obtido por min un solpor
por si pór o corpo nu; fun obtido,
non fun lucido. Poucos minutos son idos
polo porvir,
por sorrir os mozos
por pór o corpo novo. O soño vou cumprir.






LORENA REI.

NINGURES
Horizontes de baleiros
Mundos avisados de
Bruma e cartas 
De navegación.
Sendas a rente da
Pedra. Que foi ferida
E luceiro. Que foi
Trabe.
Nowhere is the place
That spins. That
Goes around yourself
That pulls the hair
Of the Harp. That settles down
Agony in the shoulders
Of the double bass.
Nowhere é o lugar
Que dá voltas. Que
Xira arredor de ti
Que tensa os cabelos
Da arpa. Que repousa
A agonía nos ombreiros
Do contrabaixo.



II.

Para me vestir de la
con pingas de suor
baixo terra enraizadas
roseiras bravas.



Violante Reina....

Oxalá que nunca os teus soños contemplen
horizontes cercados por valados de arame.

Almorcen alboradas orfas,
durman co estómago baleiro e a esperanza rota.

Oxalá que sempre as túas arelas
voen mais altas que a distancia que marca
o medo de vivir so pola inercia de seguir vivindo.

Oxalá nunca teñas que pendurar o teu último anhelo
nunha nota prendida, no espiño, mentres unha chuvieira
borra da túa alma a tinta das palabras, e
a túa voz eco xordo perdido na noite violada,
horror reflectido, nun auditorio de nacións que non se escoitan,
mañá non será outro día, repetirá a mesma indiferenza
de hoxe, de onte,de antontes

Oxalá que desta derrota non se nutran outras derrotas,
e o fado te libere de verte no espello hostil do terror en ti reflectido.

Violante Reina, 










RAMIRO VIDAL ALVARIÑO










ANGEL UTRERA.-


I.Cicais maña.

Cicais mañá
cando esperte o teu lado
embriagado polo cheiro doce
do teu corpo espido
Mentres a miña mirada
non abrolle a luz
na escuridade da calma
e o silencio da noite insomne
cicais me sinta so
e chore bagoas  quente
de sangue.

II. O VERSO.

O poema nace en ti,
e na sombra escura da tua mirada
brota.
Sobrevoa como o xeo de dubidas
mais ala do branco e negro
nunha viaxe cara a nada
cabalgando libremente.
O verso, en palabras atrapado
se transforma
e pretende o corpo quente
da compaña amada
a man aberta que acariña
o misterio no que se torna
e remata insaciable
insatisfeito coma a espera
o baleiro intermitente
alen de ti
bágoas de choiva que esvaran
sobre cristais invisibles
neste inverno das chairas
que é vivir. 


Fago agora neste curuncho do apartado final a salvedade de que lamentablemente non podo publicar ningun dos fermosos poemas de Lorena Rei , ben a min pesar, por diversas razons alleas a miña vontade. Sintoo moito.....Polo que decidin coller algun dos que ela mesma ten publicado no seu muro do face, ainda que non sexan os mais axeitados......
As fotos da reportaxe son fundamentalmnete da miña autoria, polo que pido desculpas, pola calidade que deixa moito que desexar. E tamen permitinme o roubo consentido dalgunhas excelentes do fotofrafo Delio Sanchez, que tivo a amabilidade de deixarme compartir o seu traballo.
Moitisimas grazas a todos os que fixestedes posible o que resultou un dia inesquecible de poesia e musica......Ata outra.¡¡¡


Comentarios

Entradas populares