UNHA MANDA PARA ISAAC DIAZ PARDO.
https://mandadepezasparaisaac.blogspot.com/2020/10/de-angel-utrera-isaac-diaz-pardo.html
https://mandadepezasparaisaac.blogspot.com/
Dende as terras de Agolada vén unha manda a xeito de colaxes deseñados por Ángel Utrera Baza. En ambas obras mestúrase a cor e o branco e negro, e con elas intenta facer o autor unha retrospectiva vital de Isaac Díaz Pardo.
Comenta Ángel, cun galego correctísimo malia non ser natural do noso país, que a primeira das obras "trata de pór en valor a obra pictórica fundamentalmente de Diaz Pardo, a través da xente do pobo, labregos que el plasmou nos seus lenzos, dun xeito visceral e duro, coma a mesma terra".
No que atinxe á segunda das pezas sinala: "pretendo máis ben deixar plasmada a ollada do `propio Díaz Pardo a través das fotos: algunhas da súa vida, en escenas cotiás de familia, traballo e amigos". Dito noutras verbas "o lado mais persoal e humano do artista".
O autor das composicións -como bo artista que é, defensor e divulgador do patrimonio galego amais de recoñecido fotógrafo- advirte que "as fotos son públicas, non da miña propiedade, están e circulan libremente por internet como expoñente da súa obra e personalidade, e eu unicamente elixín as que me impactan dun xeito mais expresivo".
Beizóns, artista!
QUEN SOMOS ALENTO ESBRAVEXO E QUE BUSCAMOS
O MOTIVO
Neste ano 2020 conmemórase o centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo. En que casa non temos unha das súas pezas? Quen non agasallou cunha delas ou cun dos libros de Ediciós do Catro? Quen non gozou dalgunha das súas tendas, galerías de arte, casa da cultura? Quen non sentiu orgullo da fabrica de Cervo ou o Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside?
QUEN SOMOS
Alento esbravexo. Somos un grupo de
persoas que non queremos deixar pasar esta data sen ofrecer a nosa contribución
e a de todas aquelas dispostas a pór unha flor/peza nesta celebración. Somos
sociedade civil, con toda a humildade e a grandeza, disposta a seguir
recoñecendo a un dos nosos. El foi un expoñente representativo desta cidadanía
activa sempre en disposición de botar a andar, cando foi necesario.
Convocámonos ao redor desta figura que representa en moitos aspectos (arte,
artesanía, edición, empresas culturais e investigación a prol de fortalecer e
recuperar a memoria) unha boa parte do século XX galego, e poñemos en marcha
esta tarefa colectiva tan necesaria.
COMO PARTICIPAR
Sen financiamento, sen promesas de
exposición nin publicación, sen nada fóra do traballo xeneroso que –unha vez
máis se nos pide– saímos ao camiño procurando esa flor que pode chegar en
calquera modalidade de expresión (obra plástica dixital ou dixitalizada,
palabras nun escrito, peza artesanal, traballo sobre unha obra del...) porque
todo é válido se o facemos pensando no polifacético Isaac e a súa contribución
á Cultura.
QUE FACER
Cadaquén pódese inspirar en algo relacionado con Isaac (un acontecemento
concreto da súa vida, un debuxo, unha pintura, unha tipografía, un cartaz, unha
peza cerámica, etc.). Tamén se poderá inspirar na súa escola (empresas que
formou, artistas discípulos de Isaac,...) ou mesmo se pode facer algo
totalmente novo, xa for reinterpretando calquera destes eidos artístico-vitais
indicados e crear un debuxo, unha pintura, un tipo de letra, un deseño,
grafiti, xoia, danza, música, etc. con total liberdade.
BASES DETALLADAS
PARTICIPANTES
|
Poderán participar:
- persoas a nivel individual, ou
- colectivos.
No caso de ser un traballo en grupo,
deberase indicar o nome deste e os participantes do mesmo, non habendo
restricións en canto á idade, sexo, nacionalidade,…
TIPO DE DOCUMENTOS
A continuación
detállanse diversos tipos de documentos e como se deberán enviar ao noso
correo:
- Obra
plástica: cada participante deberá
enviar varias imaxes da peza coa que quere participar, en alta
calidade e en formato jpg.
- Textos: No caso de ser texto deberase enviar en formato pdf. No seu
defecto, admitiranse: .doc, .odt, .rtf.
- Pezas
musicais, textos lidos ou recitados,
deberanse enviar en formato mp3, mp4 ou wav.
- Vídeo,
animación, danza, música con imaxe en movemento, performance, teatro, etc. os formatos serán: mp4, mkv, ou wma.
CANTAS OBRAS
Cada
participante (individual ou colectivo) poderá enviar un máximo de
dúas obras, e estas poden ser do mesmo tipo ou diferente (isto é, pode
presentar por exemplo, dous debuxos ou un debuxo e un texto,…)
ENVIAR
TAMÉN
Xuntarase
unha pequena ficha cos datos persoais (no caso de
participantes a nivel individual) ou datos do colectivo e
integrantes (no caso de colectivos), título da obra, técnica,
etc. e cos que quere aparecer cando se faga público e un
pequeno texto explicativo onde se describa o traballo presentado
e se detalle en que está inspirado (peza plástica de
Isaac, momento da súa vida ou a súa vida en xeral, escola de Isaac, etc.)
o mesmo ca se fose unha reinterpretación dunha obra de Isaac
ou escola do mesmo.
DATA
LÍMITE DE ENTREGA
Estabelecemos como data límite de entrega o 13 de agosto de 2020.
AS BASES DETALLADAS ERAN AS SEGUINTES.-
Poderán participar: persoas a nivel individual, ou colectivos. No caso de ser un traballo en grupo, deberase indicar o nome deste e os participantes do mesmo, non habendo restricións en canto á idade, sexo, nacionalidade,… A continuación detállanse diversos tipos de documentos e como se deberán enviar ao noso correo: Obra plástica: cada participante deberá enviar varias imaxes da peza coa que quere participar, en alta calidade e en formato jpg. Textos: No caso de ser texto deberase enviar en formato pdf. No seu defecto, admitiranse: .doc, .odt, .rtf. Pezas musicais, textos lidos ou recitados, deberanse enviar en formato mp3, mp4 ou wav. Vídeo, animación, danza, música con imaxe en movemento, performance, teatro, etc. os formatos serán: mp4, mkv, ou wma. Cada participante (individual ou colectivo) poderá enviar un máximo de dúas obras, e estas poden ser do mesmo tipo ou diferente (isto é, pode presentar por exemplo, dous debuxos ou un debuxo e un texto,…) Xuntarase unha pequena ficha cos datos persoais (no caso de participantes a nivel individual) ou datos do colectivo e integrantes (no caso de colectivos), título da obra, técnica, etc. e cos que quere aparecer cando se faga público e un pequeno texto explicativo onde se describa o traballo presentado e se detalle en que está inspirado (peza plástica de Isaac, momento da súa vida ou a súa vida en xeral, escola de Isaac, etc.) o mesmo ca se fose unha reinterpretación dunha obra de Isaac ou escola do mesmo. Estabelecemos como data límite de entrega o 13 de agosto de 2020. Estes dous documentos (obra presentada + datos persoais, da obra e texto explicativo) deberanse enviar a: alentoesbravexo@gmail.com No caso de vídeos ou outro tipo de documentos demasiado pesados, deberase enviar unha ligazón descarga (existen webs tipo dropbox, wetransfer, etc. doados de usar onde se poden subir este tipo de documentos) Se houber algunha dúbida, fáinola chegar e tentaremos aclarala.
De momento no Blog, puiden ler e atopar como participantes coa Manda os seguintes;
De
Emeneira e Gena Borrajo a Isaac Díaz Pardo
Versos de Ovidio Villar Marcos
para Isaac Díaz Pardo
Para
Isaac, unhas palabras de Carmen Sánchez Camino
Manuel Seoane Trasande entrega
unha para Isaac.
Manda de Paco Casal para Isaac
Díaz Pardo
De Carlos Labraña a Isaac Díaz
Pardo
De Camiño Noia a Isaac Díaz Pardo
Isaac recibe unha manda de
Francisco Díaz-Fierros
Xosé
Díaz lembra os seus pais: Mimina Arias de Castro e Isaac Díaz Pardo
Dende Títeres Cachirulo para Isaac
Díaz Pardo
Para
Isaac chegou unha manda caribeña da man de Manuel Álvarez Fuentes
Para Isaac Díaz Pardo de Ana María
Fernández
Miro Casabella canta a Isaac Díaz
Pardo
Versos de Mateo Fontán para Isaac
Díaz Pardo
Unha manda de Alvarellos Editora
para Isaac Díaz Pardo.
De Domingo Tabuyo a Isaac Díaz
Pardo
Manda de Xaime Subiela para Isaac
Díaz Pardo
De Helena Villar Janeiro a Isaac
Díaz Pardo
De Ramón Nicolás a Isaac Díaz
Pardo
De Xesús Rábade para Isaac Díaz
Pardo
A manda do Grupo Galos para Isaac
Díaz Pardo
Manda de Dores Lobato para Isaac
De Elixio Vieites a Isaac Díaz
Pardo
De Pepa Nieto a Isaac Díaz Pardo
MANDA E
RECORDO DE OTERO REGAL A ISAAC DÍAZ PARDO
De Rodrigo Riveiro unha Ferraxe de
Prata para Isaac
De Nuria Gómez Domínguez a Isaac
Díaz Pardo
DE XAQUÍN MARÍN A ISAAC DÍAZ PARDO
MOVEMENTO
COOPERATIVO DA ESCOLA POPULAR GALEGA E ISAAC DÍAZ PARDO
Manda para Isaac unha manda Tino
Baz
UNHA
MANDA DE IO MORALES SÁNCHEZ PARA ISAAC DÍAZ PARDO
De Xosé
Ramón Rodríguez Iglesias a Isaac Díaz Pardo: Vida de aldea
De Paco Rivas a Isaac Díaz Pardo
De Francisco Remiseiro a Isaac
Díaz Pardo
De Carlos Valle a Isaac Díaz Pardo
De Luís
Caruncho a Isaac Díaz Pardo (corazón que nunca para)
UNHA
MANDA PARA ISAAC CHEGADA DENDE OS ANTÍPODAS POR EKATERINA VOLKOVA
UNHA MANDA DE NOEMÍ LÓPEZ PARA
ISAAC
UNHA
MANDA DE ANTONIO QUESADA RODRÍGUEZ PARA ISAAC DÍAZ PARDO
UNHA MANDA DE MARICA CAMPO PARA
ISAAC
UNHA
MANDA CHEGADA DAS TERRAS DO SOL NACENTE PARA ISAAC, FEITA POR TAKEKAZU ASAKA
A
ASOCIACIÓN GALEGA DE EDITORAS E A SÚA MANDA A ISAAC
A MANDA DE MENINHEIRA PARA ISAAC
UNHA MANDA DE XAQUÍN NOVOA PARA
ISAAC
UNHA MANDA DE ALOIA E MAMI PARA
ISAAC
UNHA
MANDA EPISTOLAR DE JUAN FERNANDO DE LAIGLESIA A ISAAC
HOMENAXE
A ISAAC DÍAZ PARDO NO CENTENARIO DO SEU NACEMENTO (22 de agosto de 2020)
UNHA
MANDA DE MAKA ARCA E ANA MARÍA MOSQUERA CHEA DE LUZ E COMPROMISO PARA ISAAC
A MANDA DE MERO COA MEMORIA DE
ISAAC
Comentarios