CELSO EMILIO FERREIRO


Longa Noite de pedra


O teito é de pedra
De pedra son os muros
i as tebras.
De pedra o chan
i as rexas.
As portas,
as cadeas,
o aire,
as fenestras
as olladas,
son de pedra.
Os corazòs dos homes
que ao lonxe espreitan,
feitos est´sn
tamén
de pedra.
i eu, morrendo
nesta longa noite
de pedra.
INVERNO
Chove, chove na casa do probe
e no me corazón tamén chove.
Dor da mau encallecida,
dor da xente atererica
de frio polos camiños,
Dor dos vellos e meniños.
Dor dos homes desherdados
e dos que está, aldraxados.
Mágoa da ferida allea.
Dor dos que estàn na cadea,
dos que sofren a inxustiza
e viven baixo a cobiza.
Mágoa e loito
por tanto pranto que escoito.
No meu peito, sulagado,
soturno, fondo,calado,
un rio de amor se move.
Chove ,chove na casa do pobre
e no meu corazón tamén chove.
( Longa noite de pedra, é un deses libros tocados pola diosa fortuna, mais de veinticinco mil exemplares esplallados por todo o Pais, avalan a súa razon de ser. Longa noite de pedra foi publicado por primeira vez no outono de 1962, bastantes anos despois de ser escrito. Terian que ter pasado moitas cousas, para que seis anos despois, pudiese ser editada e publicada a segunda das edicions dos poemas, deste prohome e uns dos pais desta patria nosa tan esquecida....)

Comentarios

Entradas populares