X.LORENZO VARELA




Romaria....




¡Baila, meu amor,


e volta de novo a bailar¡


Na punta do pé


na palma da man.


Nunha escada de herba


baixaron os anxos


por te ver bailar.


Baila, meu sol baila,


na punto do pé


na palma da man.


Cara ce cereixa,


non deixes no ar


coma un peixe o corpo


brincando no mar.


¡Baila meu amor,


e volta de novo a bailar¡


Xa meu corazòn


non è meu nin é


corazón humán;


ten mans e ten pés


e ponse a bailar.


Na punta do pé


na palma da man.


¡Baila meu amor,


e volta de novo a bailar¡






II




OS BOIS




Xungidos ó carro dos chantos


fendían os regos, espallaban os croios,


levaban nos lombos o sol da xesteira


e o peito un monte de touros e orballos.


Unha xunta de bois que puxa en diante,


que berra, fungue, muxe,


deixa ao pasar unha mirada morna


o mesmo que esas ondas poderosas


que pousan nas areas dunha praia


o mar enteiro, doce paseiño;


cal unha escuma branca


na palla loira do pombal.....




.....Xungidos ó carro dos chantos


os bois son deuses cegos


que levaran o campo, de xionllos


a unha estrela sen bàgoas e sen muros.






(Xesus Lorenzo VArela, 1917-1981, unha das voces mais vibrantes da literatura galega no exilio. A memoria de Galiza expresada desde America, no recordo da longa noite de pedra, xunto con Luis Seoane, Emilio Pita, Silvio Santiago, Ramon Valenzuela, è tantos outros, poetas, escritores, xente coma nos, que por mor da inxusta violencia contra as opinions diverxentes, e distintas, non tiveron outra saida que escapar lonxe da súa casa, da sua terra, da sua xente...A anguria polo desterro, a morriña, a saudade, a esperanza de voltar algun dia, e a vella èpica dos versos de toda unha xeneraciòn frustrada para sempre.)

Comentarios

Entradas populares