FEDERICO GARCIA LORCA







O outro dia, uns bos amigos de Ferrol deronme o caderno num4 do Club de Prensa de Ferrol.



Nel, Luis Mera Naveiras, fai unha breve pero profunda lembranza de MArgarita Xirgu, ao traves do seu paso polos teatros de Ferrol, da mao de Federico GArcia Lorca, é o seu teatro dos sonos.



Podemos ler a cronica publicada na Voz de Galicia do sabado 20 de MArzo de 1982, na que se fai eco do homenaxe do Ateneo a Margarita Xirgu, no teatro Jofre, como foi definida polo propio Federico......"La gran Margarita Xirgu, actriz de inmaculada historia artistica, lumbrera del teatro español y admirable creadora."



E co gallo desta lectura, lembreime dos poemas escritos por Federico, en Galego.



Os Seis POemas Galegos, publicados recentemente pola editorial Camiño do Faro, un dos que hoxe achego a todos os o queiran paladear.



A primeira ediciòn deste fermoso libro de poemas foi publicada en 1935 , neles ponse de manifiesto a sensibilidade de Federico Garcia Lorca, testimuña do seu amor e integraciòn pola cultura, a xente, os sentimientos, sexan e veñan de donde veñan. Capacidade lirica, coherente ca sua vida, e morte traxica.






MADRIGAL Â CIBDÁ DE SANTIAGO......






Chove en Santiago



meu doce amor.



CAmelia branca do ar



brila entebrecida ô sol.



Chove en Santiago



na noite escura.



Herbas de prata e de sono



cobren a valeira lúa.



Olla a choiva pol-a rúa,



laio de pedra e cristal.



Olla no vento esvaido



soma e cinza do teu mar.



Soma e cinza do teu mar



Santiago, lonxe do sol;



Ägoa da mañán anterga



trema no meu corazón.

Comentarios

Entradas populares