XAVIER LAMA


Delirio de Eternidade


Imaxina a ternidade como un horizonte prohibido
a través de outeiros expandidos
baixo ceos sen milimtes posibles.
Nada importa
a traidora fugacidade do tempo
nin a sua léveda lenda de morte.
Nada importa
a inquedante vontade de xuventude
nin o medo hipodérmico á vellez.
Atrás quedan os camiños incendiados do verán,
a esperanza como unha ofrenda inútil,
o amor convertido
en xogo irredimible.
Imaxina a eternidade como unha viaxe indefinida
allea ó tremor do acabamento,
algo semellante a unha órbita inusltante de plenitude
na que poder devorar a beleza
polos séculos dos séculos.
Pode contemplar o destino con irónico desdén
como a unha inmensa catedral expoliada
cos seus espazos naufragados
na laxitude do tempo.
Poder esculcar a vertixe invulnerable
da vida convertida en fluinte manxar:
esa é a luz e o sobrecolledor castigo.
Ninguén é capaz de imaxinar a gaiola abrasadora
de tamaña soidade sen limites.
Así sería a eternidade:
un cansazo das pasixóns,
un combate estéril contra as sombras
do futuro inacabable.
Un espellismo de liberdade sen redenciòn posible.



Xavier Lama(Santa Euxea-Guntin, Lugo 1962), Do seu libro de poemas, Tigres como Fausto con ollos de bruma, no que o tempo como vontade de existir e íntima ameaza. O tempo como regulador inclemente da vida e da morte. O tempo, ese perpetuo enigma sen fin. O soño da inmortalidade como transgresiòn, como abismo perpetuo da soidade e do desamparo da morte..

Comentarios

Alba ha dicho que…
Me parece un poema precioso. Leí un libro de Xavier Lama que me pareció fantástico, me dejó como flotando en una nube. Luego saqué otro del mismo autor de una biblioteca y me gustó un poco menos.
Quería comentar que en este poema al principio debería decir: "Imaxina a eternidade", y luego hay un verso que debería poner "sen límites posibles" y non "sen milimtes posibles", como aquí aparece. Lo acabo de comparar con su libro. Otra cosa es que la disposición de los versos no se corresponde con la que propone en la obra el autor y eso lo hacéis con otros poetas. Creo que deberíais corregirlo, porque la poesía es un material frágil que necesita todos los cuidados y mimos. Os sugiero que inluyáis más poemas de este autor, así como de Yolanda Castaño y los textos de amor de Fernán-Vello, que también me gustan mucho. Las ilustraciones que escogeis realzan los poemas y me gustan, en general, mucho. Os felicito por eso.

Entradas populares