MANUEL MARIA


Plano Descriptivo do Pais de Babia


No complicado pais de Babia
habitado polos biosbardos
e por morcegos brancos
que se erguen ao mencer
e se deitan ás 6,35 da tarde,
a xente mantense de escarabellos
e de requintados neutrós democráticos,
as rapazas teñen ollos de aviòn supersonico
fuchican lendo O ciprianillo
e os progrres endexamais trasnoitan.
No sulagado pais de Babia
os autobuses anda polo aire,
as casas non teñen portas nin lousados,
as universidades están nos sumidoiros,
as rúas son verticais e hai que agatuñar
por elas igual que se sube a un eucalipto
e, cando un cidadán non se distingue,
o estado condecórao
para premiar a súa entrega, etc.
cun fermosisimo cancro de matriz.
No estratosférico pais de Babia
apuñalan as tenras e inútiles pombas
sáltanlle os ollos aos ciclomotores,
empregan ás galiñas máis vellas
como máquina de facer café expres,
aos traballadores xubílanos aos 3 meses
de idade e pagánlles o subsidio
aos postes do telefono, quedando incluidos
nas listas de contribuintes á Facenda
os esqueletos das sardiñas soñadoras.
No perfectisima pais de Babia
os televexos non están mediatizados,
non se conoce tampouco a coca-cola.
as tarabelas fan de reactores,
nas caixas fortes dos bancos gardan
as follas que o Outono desprezou.
E por remate
cando a muller que se ama
comeza a sentir noxo
é que un xa principia a agonizar.
(Manuel Maria, (Öuteiro de Rei 1929-A Coruña 2004), escribiu este poemario "Catavento de neutròs domesticados", no ano 1978. Ë este un libro sorprendente, innovador e anticipador, que destila altas doses de inconformismo, retranca, desacougo e caos. MAnuel MAria, é un dos poetas galegos mais importantes do pasado século, con màis de medio cento de volumenes publicados, fundamentalmente poesia, tamèn teatro, ensaio e narrativa.)

Comentarios

Entradas populares