MARTA DACOSTA

Un poema de sangue non se fai nun minuto,
coma guerra que estoupa, enxéndrase nos anos,
cada dorido golpe arrinca do granito
das nosas mans, as liñas que denuncian palabras.
CAda palabra un golpe e cada letra sangue,
cada paso na fronte un século de ira,
cada morte de home ,esperanza prometida
con base no vento que lle levou a fala.
E estes os alicerces da débil poesia;
estes os cimentos en que non construimos nada;
para que estas vigas de pesados cadaveres,
para que ser fillos de guerras acabadas.


-Marta Dacosta, Vigo 1966 Poeta e licenciada en filolofia Galego-portuguesa, mestre de ensino medio. Premio de Poesia O Grelo, en 1993.
Entre a sua obra poetica, O meu nome é Antigona, Con pólvora e magnolias, A princesa na torre. ..entre outras obras. Colabora e escribe en diversas revistas literarias, e xornais.
Forma parte activa desa xove poesia Galega, das ruas, dos pobos, da xente coma nos, que nace e brota da insatisfaccion pola vida, sen entusiamo ni estimulos da aldea global, en que estamos a converter, queiramos ou non este fermoso planeta azur.

Comentarios

Entradas populares