SOMBRAS E ALENTOS


Se foses como a sombra

daquela noite en vela

e chegaras despaciño,

sen facer ruido apenas.

Os pés nus, para non deixar pegadas

no po ruin da estrada traicionera.

E preto da miña almofada

susurraras moi quedo

un bico de fada co teu alento,

como aquela vez

xa fai tanto tempo

que non teño nada del

ni sequera recordos certos.

Se foses como fuches enton,

o parrulo do conto

xa non seria mais cisne;

seria soño na alborada

seria nèboa nos montes

seria lúa de outono

e seria bosque no inverno

seria mar salvaxemente certo

tan salado como verde

e eu seria o home libre

o neno que levo dentro

e romperia as cadeas,

que dende enton

atanme a túa mirada ausente

como versos.

Comentarios

Entradas populares