MARTIN VEIGA



AS ÚLTIMAS RUÍNAS....


Hoxe a morte persiste obstinada nas pedras,

ns lenzos corrompidos das paredes,

sobre os xacintos do patio, nos estucos

mordidos polo tempo, destrozados.

Hoxe vaga a morte nas ultimas ruinas

abrazando os cipreses vellos, abrazando

os corpos como unha musica antiga.

Retornan hoxe as mascaras da morte

a pousarse nos semblantes desolados,

a pousar a luz do abatemento

no invernadoiro con dalias, nas estancias

arrasadas como ceos de Turner, como templos

onde o silencio cerca a pedra derrubada.

Hoxe sentimos a morte baixamar do tempo

entre a enredadeira do xardin calado,

no sombrio claustro onde agardaba

aquel soño amargo de amores e tapices,

aquel escuro soño de horizontes e navios.

Hoxe vaga a morte nas ultimas ruinas

ocultando o rostro negro nas columnas.

Hoxe atopamos pedras cando buscamos rosas,

procuramos cálidos ouros baixo os nardos,

atopamos no corazòn a cinza.
MArtin Veiga- Noia 1970. Poeta, profesor traductos e critico literario, colaborador en prensa e revistas literarias. Como poeta ten recibido o premio Domigno A.Andrade, Rosalia de CAstro
Xacobeo de Poesia, Espiral MAior, entre outros.
Na actualidade imparte clases en Irlanda, de literatura Gallega, e actua como traductor. O poema que triao hoxe, é do sèu poemario, NAs ultimas ruinas. 1994.

Comentarios

Entradas populares