XOSE VAZQUEZ PINTOR


Ollando estos dias pasados, vellas fotos cheas de encanto, crudas e reais como a vida mesmo as que tanto temos que agradecer, e debemos o que somos, recordei un fermosisimo artigo deste gran amigo e formidable escritor, dividido entre Cangas e Agolada, e por riba de todo , barro e pedra, toxo e xesta, uno ca terra de Quian, alá no incomparable sobreiral do Arnego;

A MIÑA MALETA.....
Desfrotadeo..................................................
Centro de documentación da AELG
A miña maleta
Xosé Vázquez Pintor
[Fonte: A Nosa Terra]

Teño na casa unha maleta de madeira que pesa pouco, tintada de verniz dos moitos anos. Unha maleta que encargou o meu pai ao carpinteiro Euloxio. Lembro que o obrador tróuxooa gardada á vista dos veciños, envolvida nunha farrapeira calquera. Desvestiuna á vista de nolos tres e dixo: A ) Góstache, Alfredo, a que é ben bonita ?. Podes ir tranquilo con ela a Barcelona ou a onde che fagha falta A . Souben así a noticia de que o meu pai, o xastre de Quian, marchaba por un tempo a Catalunya, para probar a sorte e aprender máis cousas do oficio. Euloxio xantou connosco e a maleta estivo coidada coma un traxe novo na cima do armario. Era-é, unha maleta grande coma un mundo, cabería eu dentro se o meu pai quixera levarme consigo ata Terrasa ou Sabadell. Días despois, de madrugada, colleu con ela a viaxe, pola estrada de Lugo e de Barcelona. Eu tiña oito ou nove anos. No Campo de Las Cors xogaban Ramallest: Olivella, Rodri, Gracia; Segarra, Gensana; Basora, Kubala, César, Koscis, Scibor....Na tenda de Agolada ficamos a mamá e máis eu, sós. Pedinlle ao meu pai que me trouxera ragalos e moitas caixas dos mistos cos xogadores do Barça. Andaron seis meses: coma unha maré ao mar de Capetón ou Terranova, que as familias da Costa saben entender e esperan. Eu non sabía, e a miña nai menos. Os tíos de Quian, labregos, traían queixiños e bolos de manteiga, ovos de galiñas rubias e brancas, chourizos da cebola e da freba, cariño, moito cariño, e un carro de esperanza. Cando Alfredo de Vila chegou de volta á súa xastrería, leváronlle a maleta á casa, nunha carretiña de rodas de ferro, pequenas, que metían estrondo polas laxes da beirarrúa: era o Ramón de Serafina, que atendía este servicio da Empresa Gómez de Castro por un patacón, unha perrachica, dous reás...un cigharro. ( Moito ten que pesar a maleta do pai ! ( Todos os xagodores do Barça dentro ! ( E roupa, e varas e varas de lenzo !. O carreteiro non deixou que o emigrante retornado a collera. Aquel homiño fraque, que navegaba dentro dunha chaqueta de pana, carrexou con ela, de primeiro, na casa. Ergueuna e púxooa enriba do mostrador. Escoitei dentro uns croques de ferragachos, coma se un puño petase: ( É Ramallest ! . Non era nada. O pai viñera tal como fora. Contou que aquelo era moi grande, que estivera aprendendo cousas de proveito no corte dos traxes, que traballara catro meses para unha fábrica e que lle recomendaran a visita a For, en A Coruña, se é que quería estar sempre na casa: A Ou aquí ou alá, vostede escolla A. El escolleu Agolada. Despois dun tempo levoume a ver o Mar do Orzán, pagoume os estudios e os exames por libre no Instituto Masculino, andou comigo polos xardíns, as avenidas de Rubine, Riazor, o tranvía e e A Mariña... Atracaban ao acougo do Castelo os barcos xigantes: Begoña, Montserrat, Monte Umbe...Fixemos unha foto no Acaballito@ de cartón, sorrindo cara ao Cantón. En María Pita, centrouse na praza e díxome co orgullo de pai: A...nesta cidade sempre quixen coser ( fíxate que ben viste a xente ! A
- ) Máis mellor ca en Barcelona ?
- ( Si, ho, por un igualiño !
Gracias, Nunca Máis.


Comentarios

Entradas populares