MODESTO FRAGA


Aque veran dixeches que me amabas.

Non era amor, mais ti falabas delo.

Falábasme do amor do noso selo

e que era a min soamente a quen buscabas.

Aquel varàn dixeches que me amabas

que ansiabas de entre o amor o máis sinxelo:

percorrer cos teus beizos o meu pelo

e tocarme coma só ti me tocabas.

Aquel verán dixeches que me amabas.

Que non tiveras antes quen te amara,

nin quen te amara tanto ti tiveras.

Aquel verán dixeches que me amabas.

Dixeches que deixándome perderas

o dia en que pra sempre te marchabas.




II


Cando ninguén nos mire e o inverno axite as árbores

con tal intensidade que o mesmo vento trema.

Entón virás caida cal seca folla errante

a poboar a cidade das casas de madeira.

Forestas que forxamos de luz e primavera

onde o sol sempre aluma denantes de ser dia.

Ti mais eu caminando por selvas mestas, vales,

na ilusa urbe erixida de táboas e bambùs.

Cando ninguèn nos mire e sexa só o noso

ese lugar que o olvido a recordarnos teima.

Poboaremos canas e enxebres chaboleiras

para que non derruben o amor do noso exilio.

E construiremos fragas, lùas e equinoccios,

algarves e macondos e lares nunca ouvidos.

Recolleremos canto da terra fértil nace

nas horas en que o sol perece no crepúsculo.




Modesto Fraga, a Coruña 1974- Fisterra. Xoven poeta, do mar é ause3ncia. Poeta do amor salado deste fermoso mar embravecido, que loita e chama pola vida en unha entrega.

O seu primeiro libro de poesias foi "DE mar e Vento" 1997.¡, en colaboraciòn cos poetas do "BAtallon literario da Costa da Morte. A nivel xa individual, o seu primeiro poemario, foi recollido baixo o titulo Do Amor Salgado, no que xa aparece como un poeta do amor e a naturaleza agreste e salvaxe deste pais noso, deste mar tan maltratado, desta xente tan sumisa e tan humilde como a nosa.

Modesto é o futuro da nosa poesia, fructifera e libre, na esperanza contestataria.

Comentarios

Entradas populares