A FESTA DA POESIA...........












A Poesia na rua....Lugar a Estrada -Pontevedra, dia Venres, 5 de Novembro, pasado.,Hora, dende as sete da tarde....Cada quen, libremente leu o poema que quiso. GRandes, e pequenos, nenos e nenas, poetas, escritores e xenta normal da rua...A FEsta da Poesia que cada ano, e van cinco, organiza Ediciones FErvenza, de Jose Luna, volveu a demostar o seu poder de convocatoria con mais de cen participantes, durante mais de duas horas de poemas......
FErmosa iniciativa, que xa é toda unha realidade.

Eu, por segundo ano consecutivo, participei e lein un poema de Manuel Maria, do seu poemario "Cecais hai unha luz...."
O amor en abstrato é un absurdo
sen senso ningún e sen sentido.
O amor é algo moi concreto,
individual e intimo:
un mundo excluinte,
ateigado de gozos e arrepíos;
posesiòn gratuita,xenerosa
e egoista; entrega porque si,
sen mais razòn que o pracer
puro e inocente de entregarse
como se entrega a flor
cando a luz do amencer
a circunda de leves claridades.
O verdadeiro amor é materia carnal
que nos traspasa; tal o coitelo
que fere a mañá madurecida
recendente a solpor señardoso,
escoando ouros delirantes
só polo pracer de dar tenrura.

Comentarios

Entradas populares