lunes, 1 de noviembre de 2010

MANUEL MARIA.-Cecais hai unha luz.






O furacan non é unha forza natural
nin un inimigo;
é sinxelamente o comezo
dun amor intransitivo e excluinte
que nace no corazòn do universo,
no lugar de onde veñen
as neves, as flores e os paxaros.
O furacàn é lume,
paixón,
doce esperanza iluminada
que ordena o caos en que vivimos
a nosa
escura existencia irreflexiva.
O furacàn é estrela no deserto,
fonte no cume da montaña,
insòlito xardin sobre a rocha.
O furacán é a musica inefábel
das esferas, a voz dos mundos
aìnda imperfectamente coñecidos,
a forza potente e misteriosa
que arrasa a porcallada
e deixa limpo o ar:
perfectamente puro e recendente
como a luz da mañà recén nacida.
O furacàn é unha longa aperta;
lòstrego de amor a fulminar
a pasividade das cousas estantías.


-Fotos.-As fervenzas de Toques (A Coruña)- Toxa (Pontevedra)-San Xusto (Coruña)
Publicar un comentario