sábado, 20 de noviembre de 2010

SAUDADE DE TI NA DESPEDIDA.....





Non quero marchar
mais dígoche adeus
cun sorriso amargo e a man alzada
na despedida dos corpos
que non das almas.
Non quero fuxir
mais escapo do calor destes ollos
nos que perdo o meu pasado.
Non miro atrás
poren meu corpo cheira aroma
da almofada na que gardo a túa imaxe
atrapada como reflexos das ondas
no mar salgado.
Non che deixo
porque levo a túa sombra xunto a mi
o teu sorriso nos meus beixos
as bágoas derramadas sen desmaio
as voces e silencios namorados.
Non quero marchar
e xa non marcho de ti
mais non me quedo o teu lado.
Publicar un comentario