INIMIGO INTIMO....





Piso a terra escura e avarenta
que garda para si o cheiro das
tumbas abertas sen flores
dos que non son, e xa non existen,
borroso recordo, tan so
sons no vento.
Piso a terra reseca en sangue viva
como un tesouro no tempo
no que floto etéreo e sen alento
buscando unha saída.
Piso a terra xorda e cega
que non sabe de dores, ni de bágoas
e promesas incumpridas
nin de feridas nas almas dos traidores
que fuxidos, e sen nome
alumean lume fatuo nas areas
dos desertos na que estoupan cada día .
Piso a terra curtida en mil amores
de suspiros e lóstregos amigos
servidume do po destes camiños
nos que sen sombra vagamos so,
como inimigos do seu
na procura dun destino.
Morte doce, terra estéril e baldía,
inimigo intimo.

Comentarios

PENELOPE-GELU ha dicho que…
Buenas noches, de nuevo Ángel Utrera:

Precioso el poema.
¿El dibujo es tuyo?. ¡Es estupendo!.

Y el cuadro de Van Gogh, como toda su obra, conmueve y maravilla.

Saludos. Gelu
Angel Utrera ha dicho que…
El dibujo????...ERan garabatos que yo hacia y emborronaba cuando estaba en la facultad, y en alguna clase me aburria...Ya hace mas de treinta años....

Entradas populares