AO PÈ DO FARELO.....A VIDA VIRTUAL.











Estamos a vivir nun tempo de tolos , no que nada existe, non è real, non sucedeu, se non se ve nunha pantalla de ordenador, ou non se comenta na rede social de rolda.
A tela de araña dos amigos e amigos, na maior parte das veces, auténticos descoñecidos, so se trata de amigos virtuais, engadidos a través da formula...”fulanito de tal e tal quere ser o teu amigo”,e a que dicta sentencia e marca tendencias e modas; si ou si . En definitiva todo ten que ser virtual, dun xeito contundente, para que sexa.
A vida converteuse nunha xigantesca pantalla, na que vemos reflectidos os nosos comportamentos mais íntimos, nos comentarios, avisos, mensaxes etc. Dos que están agardando por nos no outro lado.
O triunfo da rede, o éxito desta comunicación virtual, e o noso propio fracaso como seres humanos, persoas dotadas de razón, de sentimentos, necesitados de cariño, tenrura, amor, estima, imprescindibles para a existencia da nosa propia autoestima.
A victoria da relación solitaria, nos cos outros, a través deste invento demoníaco, do que xa non podemos prescindir, aínda que se abomine del, e o recoñecemento do noso xeito de seres individualistas, illados na cela persoal da nosa colmea, deste gran panal que è a sociedade, e que estase a desintegrar, ao mesmo tempo que se globaliza nunha inmensa aldea egoísta, despersonalizada, fatua e misóxina.
Os homes precisamos do contacto dun cos outros, mesmo dende que saímos do útero materno. Os abrazos, as caricias, os bicos, tocarnos, sentirnos, escoitarnos, son tan precisos como o aire que respiramos e os alimentos que tomamos para vivir día a día, non e posible imaxinar unha sociedade, como a que estamos a construír e que temos cada mais preto, na que a xente xa non se mira os ollos, non fala cara a cara, non se escoita, non se aperta, nin se bica, nin se toca tan sequera.
Xantamos e ceamos en familia, e un falar, porque na maioría dos casos xa non quedan familias, se acaso monoparentais, coa bandexa da comida diante da pantalla da televisión, sen cruzarnos nin palabra; se acaso as imprescindibles, pásame a auga, dáme o pan, a sopa está sosa, mesturados con monosílabos incomprensibles. E rapidamente nos sentamos cara a pantalla do ordenador para buscar esa comunicación na rede que precisamos como a auga de Maio, mentres a nosa pel, nos reclama o contacto físico, o noso corazón nos recorda que precisa o calor doutros corpos, as nosas mans nos insultan porque no apertan as de outros homes ou mulleres, os nosos ollos rechían cegos pola rabia de non poder ver a fermosura da beleza dos irmáns, amigos, veciños.
Vivir é rozarse, tocarse, sentirse, bicar a espuma das memorias do pasado, a salgada realidade do presente, o candor ilusiónante do futuro, corpo a corpo, cara a cara, man con man, uno a uno e entre todos.
A comunicación virtual, está moi ben pero non e real, so tratase dunha triste vida virtual mentireira e que enchemos de todos aqueles sonos que non somos quen de realizar. .
Angel Utrera

Comentarios

Gelu ha dicho que…
Buenos días, Ángel Utrera:

Lo primero decirte que la Red bien utilizada es una maravilla, pero ‘no se pueden pedir peras al olmo’.
¿Se pueden encontrar amigos?. Se pueden encontrar personas con gustos afines, que ya es mucho.
La amistad requiere conocerse, y luego cultivarla, y eso lleva tiempo que cada vez es más limitado, pues queremos estirarlo tanto que no da para todo.

Esta entrada tuya, en tono de “Decálogo” de fotografías, es para dedicarle un buen rato a cada una de ellas.
1- Pintura VI Mandamiento, de José Villegas –plena de simbolismo.
2- Macro gota de rocío sobre planta verde. Poesía de la naturaleza.
3- El mayordomo cantante. Del escocés Jack Vetriano, para bailar.
4- Desfile militar - Doctor Zhivago
5- Afiche, Doctor Zhivago
6- Ludwig Zeller, colorista y mágico dibujo de su mujer, Susana Wald
7- Chiquita piconera, del pintor Julio Romero de Torres
8- Afiche, Doctor Zhivago
9- Bruno, el niño inolvidable de Ladrón de Bicicletas.
10- Recuerdos del chapapote- Señales solidaridad -Antártida

Te pongo un enlace musical, de la estupenda película de David Lean, de 1965.

Tema de Lara-Doctor Zhivago- Música: Maurice Jarre

Saludos.

P.D.: La fotografía del desfile militar sale en el vídeo, en el minuto 1,07

Entradas populares