O vello mariñeiro coa boina calada e o pitillo no beizo, escoita mentras limpa o pescado recèn roubado ao mar, a musica do artista do acordeòn, unha abaneira do vapor del cacaguest, aprendida en Torrevieja de cando se navega nas parellas de Villajoyosa, ou unha polka, ou un vals...quizais.
De porto en porto, de rua en rua, co acordoen no lombo, enigmatico eivado co taco de madeira para as mans.
Como Agapito o Noiès, morto càseque centenario na sùa casa arousà, tivo unha morte exemplar: O vello acordeon de botòns, a caròn del, o cadro da Virxe do Cobre, aopè do leito, e na mesiña de noite, a campà doo puente co nome do seu pailebote “O San Telmo”.
Agapito o Noiès que chegou a segundo dun negreiro que ia as Antillas, e ensinou a cantar en galego aos escravos congos:

Mariñeiro se queres casar
Entre o luns e domingo
Non cases en Escarabote
Que as nenas daquel lugar
Lembranmdo os tempos vikingos
Ènchenche de cornos o bote...


Os negro facian o coro......co bote, bote, bote.....

Gonzalo Allegue
Galicia : O oficio de Vivir.,
O mar, a terra, a cidade.
Ed. Nigra trea
/-Fotos de Bene, recollidas do libro "Galicia o Oficio de Vivir; O mar a terra, a cidade, de Gonzalo Allegue.O Acordeonista 195o. Mendigo co acordeon. 1950. E do libro O CArtelismo en Galicia das orixe a 1936, de Mª,Luisa Sobrino Manzanares.Ed.Do Castro)

Comentarios

Gelu ha dicho que…
Buenos días, Ángel Utrera:

Pongo un poco de música para acompañar las fotografías y el texto de tu entrada.

Habanera

Saludos.

Entradas populares