EN CAMPAÑA.......





AO PE DO FARELO
EN CAMPAÑA.

Pois nada amigos, xa estamos outra vez metidos nunha desas campañas electorais que cando rematan che queda unha sensación rara de mal corpo, como se estivera un saíndo dunha gripe non ben curada.
Xa temos de novo as bandeirolas, os carteis coas fotos dos candidatos cun sorriso de plastilina, os muros empapelados, e as paredes cheas de pintadas e garabatos, aínda mais do que as padecemos a diario.
¿Eu?; pois ¿que queren que lles diga?. A min particularmente toda esta parafernalia paréceme deprimente.
Imos ver, non é que Eu non crea ou mesmo defenda a Democracia como o mellor dos sistemas políticos posibles. Evidentemente me repugnan as ditaduras, e os sistemas totalitarios, o teño claro con eles.Non , dende logo, o que pasa é que Eu sempre crin na “Democracia, como dúas palabras en unha. Demos-Pobo, e Cracia-goberno”.
Sistema político polo que na Polis, a cidade Grega, no 15oo antes de Cristo, tomaban as súas decisións en asemblea, e baixo o asesoramento e dirección do Senado, no que se achegaban as persoas de mais idade, e por conseguinte, presumíase que con mais experiencia e sabedoría.
¿A que lles sona isto?. O mesmo que agora; ¿ Non si? . Tempos nos que apartamos os vellos porque molestan, e alá vai para o asilo.
Para min iso è o autenticamente valido da democracia, non isto que temos montado nas sociedades mais ou menos civilizadas, nas que os nosos amigos políticos pasan olimpicamente de nos, e so buscan o seu propio beneficio, como meta, como fin económico, ou ansia de poder, segundo as motivacións persoais de cada quen.
Hoxe en día os políticos chegan os partidos :A servirse de, non a servir a.....
Despois claro, as consecuencias as pagamos todos nos, corrupción, malversación, ineptitude, incapacidade, amíguesmo. Mesmo nalgúns casos os postos pasan de pais a fillos, como se foran vitalicios. Vamos como nas monarquías, o cargo e hereditario.
Isto é perverter o sistema, quéirase ou non, e o único que produce e desencanto, cansazo e abulia na xente, que acaba dándolles as costas e pasando olimpicamente dos plebiscitos, velaí o porqué do continuo aumento dos índices de abstencións, en cada unha das pasadas eleccións.
A min paréceme que seria un san exercicio de democracia limitar os mandatos, e a militancia, como Conselleiro, Deputado, Senador, Alcalde ou o que sexa como moito a oito anos, despois, amiguiño para casa, e deixa sitio a alguén que chegue con novas ideas, con mais pulos, aire fresco e gañas de traballar.
Agora, xa o sabemos todos temos casos nos que as Alcaldías, parecen feudos, cotos pechados, cortijos particulares, vitalicios e sempiternos. E fago o que me peta, porque non teño que render contas a ninguén.
O mais curioso desto e ler as promesas, ou compromisos electorais, polo que cada partido presenta o seu Candidato, a min sempre me xurde a mesma dubida, cando vexo as dos que están no poder; caramba ¿E porque non o fixeron xa, se tan boa cousa é?...
E nas dos opositores; En vez de criticar, porque non aportan construtivamente novas ideas, e din o que eles farían, para mellorar aquelo que critican.
Pero claro iso como din un bo amigo meu da aldea, e pedirlle Peras os Olmos.
O que non pode ser, non pode ser, e ademais e imposible.
Angel Utrera

Comentarios

Entradas populares