lunes, 16 de mayo de 2011

POIS EU ESTOU A CONTINUAR......EN GALEGO.






POIS EU EN GALEGO……



Veño de participar na xuntanza, algúns din “manifestación”, a prol da nosa lingua materna, e so atopo unha palabra para definir tódalas sensacións e vivencias tan intensamente sentidas nesta fermosísima maña Compostelán; Abraiado.

Medio milleiro de entidades de moi diversas tendencias e cores políticos respaldaron a convocatoria que fixo a plataforma pola defensa do Galego, e a verdade e que superou a lo menos a participación mais optimista esperada.

Agora virá a guerra de cifras, para uns; cincoenta mil persoas, para outros case cen mil....

A única realidade que espero serva para que mais dun político de poucas luces, reflexione e mediten profundamente sobre o conflito absurdo onde eles mesmos pola súa prepotencia, e falta de sensibilidade social, andan metidos.

A resposta de xente do pobo, a pantomima esperpéntica da xa famosa enquisa, que pasará os anais da estupidez humana como símbolo do que non debe facer nunca unha goberno, nada mais tomar posesión, e ó proxecto de reformo contra todos, o primeiro contra o que vai é contra o sentido común, do decreto sobre a normalización e uso do noso idioma, foi hoxe contundente.

Saberán recoñecer o seu erro, ou polo contrario seguiran contra vento e marea adiante, contra todo e todos......Verémolo, sen dúbida.

Entre tanto: EU EN GALEGO.



-Artigo que publiquei no Faro, hai xa case un ano,m ou mais,.....As mesmas razons daquel enton estàn a movilizar a xente deste Pais noso, sen desmaio- Maña dia Das LEtras Galegas, dia instituxcional en defensa da nosa lingua, os xornais han de publicar paxinas, en Galego, e rios de tinta sobre o tema, volveran a aparecer a favor ou en contra, xa se sabe. Pero nos os caladiños, a xente coma min, temos a obriga de seguir pelexando polo que queremos deixar os nosos fillos, o unico que xa nos queda do noso,...O patrimonio, a cultura, a forma de vida, a LINGUA....
Publicar un comentario