martes, 12 de julio de 2011

AMIGO.



Amigo; dígoche meu, que:
cada cousa ten o seu momento.
Cada instante fuxido, foi tan so un soño breve.
Non florecen as papoulas nos fríos do inverno
Nin a primavera pinta en xeada e neves
as árbores do bosque ,
na liña do horizonte na que perderse.
Non agardes que o sol brille na noite
Nin as estrelas e a Lúa na Alba incandescente.
Cada cousa ten o seu momento,
E dígoche sempre;
Pouco a pouco deixan de ser presente
Recordos, palabras , Ilusiones vanas
Soamente historias ao redor da lume
nas lareiras en cinza de Loureiro, consumidas.
Como a vida, lentamente.
Triste letanía polos ausente.
Publicar un comentario