MORNING STAR



"LA ISLA DEL TESORO, " ou Morning Star.....Evidentemente coas debidas distancias, e salvedades oportunas, recomendovos este libro de aventuras, ao estilo do de Robert Louis Stevenson, e sobre todo pola dulzara e fermosura da linguaxe, da que Xose Miranda fai unha autentica demostracion de dominio, cun lexico fluido e moi fermoso......Por soposte é en Galego, pero non teño dubida de que ten que haber traduccions axeitadas.

Morning Star é unha novela de aventuras escrita por Xosé Miranda e publicada en 1998 que acadou nese mesmo ano o Premio Xerais de Novela.

A historia que se desenvolve nesta obra mestura personaxes reais con outros de ficción partindo dun coñecido cantar de cego titulado A vida e morte afrontosa de Tasende e que narraba a historia dun famoso bandoleiro galego do século XIX.

Lourenzo Tasende é un rapaz duns catorce anos que vive cos seus pais nunha taberna cerca de Pontevedra, aillado case por completo da sociedade, sen saber ler e tendo que atender o negocio familiar. Un día chega á súa casa para quedar Lázaro Rivadulla, antigo amigo de seu pai que lle descobre parte do seu pasado, e dende entón a súa vida cambia por completo; a nai ponse enferma e morre, e tras este suceso o pai retorna a formar parte dunha gavela na que participara na súa xuventude e que toma como centro de operacións a taberna da Disputa.
Nesta historia mestúranse personaxes reais con outros de ficción, explicando o autor no apéndice final do libro cales son os que realmente existiron e cal foi a súa vida.
A historia desenvólvese na zona de Pontevedra principalmente pero o escenario da novela vai cambiando ao longo desta e os sucesos pasan a desenvolverse tamén en zonas de Compostela, Lugo e Ourense, polo que practicamente se recorre toda a xeografía galega.

Comentarios

Marina ha dicho que…
Vengo a dejarte mis deseos de buenas noches.
Un abrazo
Cuspedepita ha dicho que…
Lin este libro o ano pasado e a verdade é que me levei unha grata sorpresa e quedei con bo sabor de boca.

Apertas

Entradas populares