DE IDA E VOLTA.- A RUTA ENTRE AGOLADA E CARMOEGA.(XOSE VAZQUEZ PINTOR).

 Ruta en Bicicleta.-----Dende Agolada a Carmoega(Quian). Polo antigo carreiro de IDA E VOLTA (Relato de Xose Vazque Pintor).......

 Agolada-Fiufre-Merlin-Garlin-Paradela-Carmoega-A ponte Nova-Quian........e volta.
 
Os labregos de Quián, os de Santoandré i os da Devesa, cada vez que viñan á Golada, facían a pé a roita dos portos, que no son de mar.
Salíase de Quián ás oito da mañá e chegábase ao concello, diante mesmo dos ventanucos marelos, ás once máis ou menos; asegún os folgos que ún tivera para arrancar cos zocos.Rube, rube….por aquiles carreiros de ovellas estrados de cagallas. Ao chegar á cima limpábaste daquila media hora e lembrabas á nai que a parira.
 
Chegábase dempóis a unha vagoada de cereixos e mazairos, toxos campelos e penedas coma os peitos das labregas.
Axiña asexábase Garlin, escarallado aló no fondo, perto ao Regueiro que vai polo Portoafixòn. Topabas con tres ou catro homes e con cen cás, que ladraban aparvados i aldeás ás risas dos paxaros.

 
 Enchías os zocos de estrume e petábalos no pasadoiro dun prado, denantes da costa que vai para Santa Comba coma unha escada directa.
 Suabas e acurtabas ao folgo uns vinte minutos deica chegar á cima. Alí ou mexabas ou non; dempoís seguías….
Santa Comba e Carral estaban no outo, semellando unha chaira de centeo. Si alancabas con forza pillabas ao tempo no camiño.
 
Pola beira da igrexa papabas un padrenuestro de mala morte e metiaste na carballeira de Santán onde os melros, bubelas, labercas e pegas marxas cantaban pró Dios que as fixo. Pasado Carral voltabas a rubir a costa de Friufe, entre toxeiras e xestas preñadas de carrachas.
 
 E logo chegabas á Golada fedendo a home i a besta.
Arreglabas os papéis, calando o pico, co aquil home do despacho-sempre superlativo- e voltabas para Quián pola mesma roita.

 
 Cando dabas chegado á túa casa, a fame, a sede i o camiño `poideran máis ca ti e valdeirábaste do xenio cos pecados mais solenes da parroquia, mentres baixabas os pantalós e te limpabas cun fento.
Entrabas na cociña coa boca aberta e non estaba nadie; ollabas e víalos sachar no trigo, rabuñando na terra e co cú cara o ceo………
  





A ruta en bicicleta ten mais ou men os 25 kms, con vaios tramos de mais dureza, por pista, carreiros, e as veces tamen por boa estrada. A destacar a igrexa de Merlin, e os cruceiros de Fiufre e de Santa Comba, curiosamente feitos polo mesmo canteiro ou escola de canteiros, xa que ten moitas semexanzas tanto na cruz, coma na bola con estrias que a rodea.
Os bosques de carballo, as aldeas de Garlin, Fiufre e Paradela, e o val de Carmoega polo que corre intrepido, vivo e libre o rio Arnego, fan desta ruta unha das miñas preferidas. E dende logo as palabras de noso amigo e fabuloso escritor Pintor, ainda que se trata dun relato de xuventude, non cabe dubida da forza literaria e a realidade das sùas descripciòns, da paixase, as costas e as penurias daquelas xentes dunha epoca xa esquecida do noso Pais, que ven como anel ao dedo para vitalizar e dar contido as miñas fotos.....  

Comentarios

Entradas populares