TIÑA SI ESCASO MEDO E UNHA LONGA NOITE .- O FRACASO


 Tiña perdida a mirada
 a tiña perdida.
Tiña baleiras as mans
e a alma ferida.
Tiña unha dor escura
tiña.
Tiña unha longa noite sen lúa ,
Tiña un medo profundo
no silencio das achegas e das tristuras.   
Tiña perdida a esperanza
e a vida tiña empeñada
no xogo cruel da angustia.
Tiña a morte o seu carón
coma compañeira
coma amante e amiga.



Tiña
Tiña sede
Tiña fame
Tiña pánico  dunha aperta
dunha palabra amiga
Tiña.
Non tiña nada de nada
e nada quería levarse
desta longa noite de pedra continua
en branco e negro
paso a paso
rúa a rúa.

Comentarios

Entradas populares