NOITE ESCURA QUE ESPANTA.



  
 A noite que nos agacha
entrelos visillos de xeo e a distancia
semella un infinito burato negro
polo que afonda a inquedanza
as bagoas quentes
o sangue derramada.
Nos miran
Nos controlan
Nos minten
e nos enganan



E un ollo verde invisíbel
que todo-lo controla
ordena e manda
dirixíndonos a vida
arrincándonos as entrañas.
Penetra ao través das fiestras
das nosas casas
a man asasina do verme sospeitoso
dos avernos
deixándonos a gorxa malferida
os ventres das nais secos
as fontes envelenadas
os ollos de pálpebras translucidas
mortos e  cegos
as vidas putrefactas.
Mirando e remirando recantos
de esperanza
de soños e desvelos
de doces recordos esquecidos
de tristuras e mañás asolagadas,



enchen o seu peito
coma covas inconfesábel
da crueldade,
señores do medo




vingadores do terror que nos non vemos
cando no espello das palabras
 
 So queda o silencio dos ausentes
o fracaso frio
e tanta noite escura que espanta.

Comentarios

Entradas populares