SON DE MAR E LÚA.....(O Blog).

http://marelua.blogaliza.org/2013/01/29/enerxias/

Querer

Febreiro 1st, 2013 by Mar e Lúa
Todo se reduce a querer ou non. E eu quero durmir para soñar que non te quero, que non me doen os teus baleiros e que as túas mans nunca me deron vida.
Chuzame! A Facebook A Twitter

Enerxías

Xaneiro 29th, 2013 by Mar e Lúa Desde que te fuches, a gata durme cada día comigo baixo as mantas. Din que son depuradores de enerxías negativas, pero eu teño medo de que un día a trague o burato negro que deixaches ao marchares

Podería

Xaneiro 18th, 2013 by Mar e Lúa Podería bebe-los teus ollos a pequenos grolos. Podería endulzar con eles os meus almorzos. Podería roubarche a risa a culleradas. Podería comela dos teus beizos. Podería encherme da túa voz sen empalagarme.
Podería lerche as historias que nunca che contaron. Podería escribirche as que eu nunca contei. Podería converti-los teus recordos en papel. Podería encherche o corpo coa miña caligrafía, sen un só erro.
Sei entender perfectamente as túas contradiccións, pero sigo sen poder entender os teus silencios.
Chuzame! A Facebook A Twitter
 (Outro dos meus blogs preferidos......A seguir, boa poesia, e mellores reflexios e conversas teimudas dun consigo mesmo, corpo con corpo, fronte ao espello da nostalxia e a realidade cotian, as veces fria e baleira de sentidos....ausencias e bicos; A vida a seguir). Gusto moito deste Mar en calma de Son de mar. Deixovos o enlace.....

Comentarios

Mar e Lúa ha dicho que…
Boas!
Gracias por pasarte polo blog e por ese apoio que sempre lle ofreces. Xa sabes que podes coller canto queiras, para min é un honor.
Unha aperta!

Entradas populares