NOVENOITES.....O BLOG DE FRANCISCO MARTINEZ BOUZAS

http://novenoites.blogaliza.org/


Unha antoloxía baixo palio


Enviado o 5 de Febreiro de 2013

Anthology of Galician Literature

Jonathan DunneAntoloxía da literatura galega (1981-2011)

Xunta de Galicia, Edicións Xerais, Editorial Galaxia, 2012, 396 páxinas.

Vaia por diante, antes de máis, os meus parabéns para o autor Jonathan Dunne e para as tres entidades editoras desta obra (Xunta de Galicia, Xerais e Editorial Galaxia). Congratulacións, non tanto polo que o volume ten de antoloxía, senón pola súa edición bilingüe, en galego e en inglés. Un feito que permitirá que o lectorado de moitos outros países e nomeadamente o anglosaxón, poida ter unha idea aproximada do que foi e é a literatura galega, en todos os seus xéneros, no período 1981-2011.....................
.....................Sobre os autores e autoras escolmados/as, supoño que o antólogo procurou a máxima representatividade e intentou publicar una escolma dos autores e autoras imprescindibles da literatura galega contemporánea. Non boto en falta nin a Carlos Casares, Méndez Ferrín, Carballo Calero , M. X. Queizán ou Fernández del Riego porque xa apareceron no primeiro volume, en 2010. Mais teño para min que tanto ou bastante máis mérito e representatividade que algúns e algunhas dos autores e autoras escolmados, teñen Xosé Vazquez Pintor, Anxo Angueira, Luis Rei Núñez, Xosé Ramón Pena, Ramón Caride, Gonzalo Navaza, ou Jaureguizar no eido da narrativa sobre todo, aínda que algúns deles son tamén poeta e ensaístas; Pilar Pallarés , Lupe Gómez, Medos Romero, Manuel Forcadela, Marta Dacosta, Helena de Carlos, e Estevo Creus entre outros e outras no da poesía. Chama a atención que no eido do ensaio Jonathan Dunne escolme a Marcial Gondar, Justo Beramendi e Andrés Torres Queiruga, deixando fóra a Francisco Sampedro ao que, porén, alude no limiar e que na miña particular estima é o máis xenuíno representante do pensamento filosófico do sistema literario galego. Pero o que semella incrible é que descoñeza a Xesús Alonso Montero que enche e segue enchendo cos seus traballos, investigacións e ensaios os últimos corenta anos do pasado século e o que levamos deste.



Caderno de lecturas e críticas de Francisco Martínez Bouzas


---Boa informaciòn, ponderada, cualificada e moi profesional blog de literatura e critica literaria sobre o noso, paga a pena perderse entrelas paxinas e comentarios das obras e autores postos en valor no blog de Francisco Martinez, que veño de atopar seguindo as indicacions de Pintor. Parabens, moi bo traballo.

Comentarios

Entradas populares