miércoles, 30 de noviembre de 2011

NA MIÑA BICICLETA- A EXPOSICION.- CONVERSA NO I.E.S ANTON LOSADA (DA ESTRADA).-NA REVISTA DIXITAL "CATROGATOS".











2011 Dende a bicicleta de Ángel Utreraby Catrogatos

Mércores, 30 de novembro 2011

O instituto estradense Antón Losada está a acoller estes días unha exposición de fotografía titulada “Dende a miña bicicleta”, do gaditano afincado en Agolada Ángel Utrera, que ofrece 62 instantáneas tomadas dende unha bicicleta nos seus paseos por zonas rurais. “Estamos deixando perder a nosa cultura e un pobo que se esquede de quen é e de onde ven non ten futuro”, explica o fotógrafo. Esta exposición xa pasou pola Sala Caixanova da Estrada complementando a exposición de A Estrada Micolóxica de máis dun centenar de setas para ver, oler e tocar.

Para combatir o olvido, Utrera propón unha serie de imaxes sin photoshop. “Cada foto é unha historia que tenta captar a atmósfera, as penas, as alegrías, e as vivencias dunha fiestra rota, un carballo seco ou unha fonte desviada” explica.

Onte falou para os alumnos do Antón Losada e explicou algunhas das súas fotografías, onde as tomou e por qué. A este fotógrafo chámanlle moito a atención as fiestras e as portas das casas vellas. “As fiestras porque gústame xogar coa luz e as portas porque todas nos protexen de algo exterior ou esconden algo no seu interior, e as hai de moitos tipos, formas e cores, con chamador, de madeira vella, e sempre me produciron curiosidade as portas e casas vellas das aldeas”.

Utrera, natural de Cádiz, “da taciña de prata”, é un enamorado do Deza, deféndese falando galego, e actualmente vive en Agolada.

Redacción e fotografía: Aroa Martínez
Publicar un comentario