lunes, 21 de enero de 2013

EU


Eu son dun tempo
e dunha terra inexistentes
promesa de futuro inalcanzable
silencios de congostras e sendeiros
noite de pedra interminable.

 


Eu son un ninguén
borrosa e tenue liña do horizonte
area mollada das praias solitarias
vagalumes dos prados.
Eu son Eu
nada mais, ni mais nin menos.
Aquí e alá así o proclamo
o escribo
e o reclamo como lo meu dereito
 a chorar bágoas negras
de sangue quente.



Río e me transformo
nun sorriso limpo e franco
coma a noite na que somnámbulo
vago e da que  quero fuxir
coma o preso na torre encadeado
e berro unha e mil veces
de mil e unha formas diferentes
e rompo o cristal verde dos enganos
e tamén de cando en vez
Amo,
gozo da vida que se me escorre
éntrelos dedos
e sinto que son dun tempo xa pasado
e dunha terra esquecida
que me agarda
no outro lado do muro branco de cal
cemento e barro.
Desexos en cinza convertida
dos meus osos estragados.
 
Publicar un comentario