XOSE VAZQUEZ PINTOR NO BLOG DE RAMON NICOLAS;"CADERNOS DA CRITICA"

http://cadernodacritica.blogaliza.org/


Manuscritos: Xosé Vázquez Pintor


Enviado o 18 Xaneiro 2013

Son fiel lector da obra poética, ensaística e narrativa de Xosé Vázquez Pintor desde hai ben de anos. Sempre entendín como achegas fundamentais ao noso sistema literario títulos como A memoria do boi, Mar de bronce, a triloxía dos vellos oficios ou Seara, por só citar algúns. E nese ronsel segue o autor radicado en Cangas como amosa o seu recentísimo Columnas de papel, que comeza a se distribuír estes mesmos días e que atesoura unha escolma dos seus artigos xornalísticos publicados nos últimos vinte e cinco anos. Dito isto, Vázquez Pintor non podía faltar, como é lóxico, nesta sección de manuscritos para o que nos achega, xenerosamente, un poema dedicado a Rosalía de Castro, de actualidade sempre mais sobre todo este ano no que se celebra o 150 aniversario da publicación de Cantares gallegos, xunto con media páxina do libro inédito Antípodas que verá a luz este mesmo ano en Edicións Xerais de Galicia, algo que sinceramente celebro, e que dedica a «quen tanto admiro e quero: os residentes das intemperies da vida».



Inquirido polos seus hábitos da escrita Vázquez Pintor remitiume un texto que reproduzo integramente pois nel debulla reflexións que valor como unha achega fermosa e enriquecedora na que desvela interesantes claves de como se enfronta Pintor ao acto creativo e non só. A miña gratitude sincera por este texto e pola cesión dos manuscritos.



«A escrita é unha liberación, un desatranco emocional, outear dende o profundo para alcanzarmos aquelas atmosferas que son luz e gratitude. Os meus hábitos son os de cando en vez (nin case sempre nin case nunca), mais esa vez é unha resurrección: e sinto o padal da vida, das vidas que consumo e me consomen. A devoración de noso. Agora si que neste tempo, que pode ser de longo e sen canseira, quero estar illado e dentro do silencio, coas miñas teimas: corredor de cross e velocista a un tempo.



Non teño espazos nin horas nin días nin semanas, meses… Nin as estacións do calendario son as preferentes. Pódeme o instinto e desatendo as crónicas ao uso. A reflexión é selectiva, mais eu non fixen o preu nin o cou (chegara cedo). Non teño couto cando as palabras son oferta, rechamada, intuición, loureiro contra as mancaduras, as mortes e os desafiuzamentos (a voz en medras desta peste que nos quere e ama de tanto sermos ninguén de ningures a renxer cara a vellice).



Acabadiñas de seu as miñas máquinas agora escribo batendo as teclas do ordenador. Perdín aquela caligrafía dos apuntamentos, tamén a do escribán, e en menos cantidade e calidade a dos chafallas: “tira pra diante que eu ben me entendo”. Os dedos, sen o costume e xa moi dependentes da priguiza, só queren e saben máis folgar.



Encantenón o tempo corre, voa, vai cabo de lonxe. E rise o espello cando veño do meu cuarto de sorrir, porque eu non teño o mal do sufrimento cando escribo. Atópome ben e cadro cos meus anos nas palabras e na lingua que aínda sei. E lembro aquela tanta infancia de cariño para quen me daba unha historia, un conto, un mar oral; e os tantos bicos grandes por saber».



xosé vázquez pintor



cangas, alborecida do

29 de novembro 2012



(día e medio antes de eu nacer; e melide sempre será)








Publicacion no Blog de Ramon Nicolas, Caderfnos da Critica",  destes poemas de XOSE VAZQUEZ PINTOR, asi coma a reseña literaria e critica dos seus manuscritos, e ultimo poemario SEARA. que me tomo a liberdade de copiar, penso que coa magnanimidade do autor e polo meu especial cariño e admiraciòn por Pintor.. Grazas anticipadas.

Comentarios

estrella ha dicho que…
Hola Ángel!!!!

Es muy sincero su manuscrito, y lo siento muy real, sin conocer nada de él, me dan ganas de leerle.
Escribe de forma muy natural, me ha gustado mucho.
Gracias Ángel por traerlo y de paso de doy la enhorabuena por esa exposición de fotografía que tuviste en Diciembre, así como del poema que he leído en esa dirección que dejaste, "invisibles" pero no para todos, para ti no.

Un abrazo enorme y perdona por favor mi ausencia.

Entradas populares