LONGA LOITE DE PEDRA (CELSO EMILIO FERREIRO)

O teito é de pedra.
De pedra son os muros
i as tebras.
De pedra o chan
i as reixas.
As portas,
as cadeas,
o aire,
as fenestras,
as olladas,
son de pedra.
Os corazós dos homes
que ao lonxe espreitan,
feitos están
tamén
de pedra.
I eu, morrendo
nesta longa noite
de pedra.


Celso Emilio Ferreiro
(Longa noite de pedra, 1962)

Comentarios

Mar e Lúa ha dicho que…
Un clásico que sempre me encanta recuperar, gracias por traelo de novo á miña memoria :)

Entradas populares