martes, 8 de enero de 2013

POR EU ME LEMBRAR DA MORTE.

Por Eu me lembrar da morte
pechei os meus ollos cegos
e deixeime devagar somnámbulo
entre a néboa quente dos soños
os anhelos insatisfeito e os recordos
entre o esquecido do pasado
e o presente gris e pálido
que nos afonde na melancolía do fracaso.


Por Eu me lembrar da morte
contei estrelas a centos, sen luz
unha trala outra,
intermitencias  no firmamento negro
das noites en lúa preñada.
Por Eu me lembrar da morte
sen pensar
nin sentir o calor da man tendida
so por gozar do silencio das palabras mornas;
amigo, amada, caricias tenras
doce miradas,


rompín o pacto segredo coa nada
e volvinme lama nos camiños perdidos
pedra dos balados ruinosos
pétalos das papoulas secas
xestas dos montes polo lume arrasados
herba nos prados baleiros
canto do paporroibo

 cinza dos osos dos que partiron lonxe
demasiado axiña.
Cecais por Eu me lembrar da morte
esquecinme de vivir a vida.

Publicar un comentario