DESPEDIDA....(MUSICA DE MARIA RAMOS FERNANDEZ),

Cando te vaias
Lévate contigo o perfume das flores no verán
o sabor salgado dos meus bicos
o recendo agre do teu corpo de muller suada baixo meu corpo
e as miñas bágoas.
Cando te vaias
déixame aberta a venta dos medos e inquedanzas
a porta dos desexos
o baúl dos recordos
a as nostalxias.
Cando te vaias
déixame soñar
cas ondas do mar
as areas molladas das praias
e gardarei para sempre
no baúl gris das bagoas quentes
o tempo que xuntos devagamos docemente
onte, hoxe ,
xa sei que non haberá maña.
Cando te vaias
recorda canto te quixen
e que aínda sinto como a primeira vez
as túas entregas de amor primeiro.

Comentarios

Entradas populares