sábado, 9 de marzo de 2013

INVISIBLES COMA NOS....A MIÑA MOSTRA FOTOGRAFICA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

INVISIBLES COMO NOS.....
Algunhas noites gusto  acubillarme entre a herba, en silencio, e contar estrelas,
en paz comigo mesmo.
Errático, fugaz, incomprendido, miro o ceo escuro como os meus pensamentos
pretendendo saír indemne na loita contra as sombras que me afogan, a traizón.
Combater tanta intemperanza
someter nun vaso de auga, este remuiño de nostalxias,
e deixar que pase como tormenta de verán.
Mentres estou a contar estrelas, cometas e planetas no firmamento dos soños.
 
“INVISIBLE”; que non se pode ver.
Calidade dun Corpo fisico de non poder ser visto en condicións normais de luz.
Un corpo pode non ser visto cando:
  • Estar detrás dun obxecto.
  • Es da mesma cor o aparencia que o fondo.
  • Está nun ambiente que resulta  escuro en demasía o luminoso en exceso.
  • Está no punto cego do observador.
  • Está alterando a súa propia forma e sustancia, xa sexa biolóxicamente  ou  tecnoloxícamente.
Os meus invisibles, atrapados na instantánea do click impertinente da cámara “Están, pero no se ven”,” son pero non existen”, sofren, choran, nacen crecen e se reproducen e finalmente morren, como todos nos, pero non importan a ninguén. Teñen voz pero ninguén os escoita. Non contan, non opinan, non molestan, son “un mais”, números, datos estatísticos,   cidadáns do mundo, inexistentes , irreais, invención do ollo que é capaz de mirar mais alá da materia e pensar na vida, na historia destes todos nos INVISIBLES,  mais alá do propio egoísmo dos nosos problemas cotiáns.     Invisibles coma min....
Angel Utrera  






Publicar un comentario