domingo, 24 de marzo de 2013

O RIO QUENTE DA VIDA...




E de súpeto

o río da vida

negro

cóma-las bagoas quentes

dos invisibles

canso de se confundir

nas augas salgadas dos océanos

encadeado sempre

os escuros destinos dos homes

decidiu o seu regreso a orixe de todo ser

o ventre preñado da nai.

Mais alá dos cumios brancos dos recordos

mais alá, si escaso, das profundidades

das fontes dos abandonados e esquecidos soños,

mais alá de todo-lo coñecido e ignorado.

E así, comezou a se recoller

pinga a pinga nos regatos e as torrentes

nas fervenzas e os encoros de augas sucias e

pestilentes, podres de esperanza

xenerosas en desencanto e morte.

E ninguén na terra estéril dos durmintes

se decatou do que foi silencio

arrecendos de nada

ausencias de palabras
oídos xordos e gargantas secas.

Así foi coma

na inmensidade dos paramos

o gris das estepas foi presente

e as flores murchas

osos dos cadáveres sedentes

fóronsenos de éntrelos dedos tortos

cara ningures, coas augas cristalinas

deste o noso rio da vida..


Publicar un comentario