martes, 5 de marzo de 2013

CRISTINA GENDE......"CUNCA"




No  limiar do seu poemario Cristina Gende, “Cristina de Merza”, nos abre a porta e marca os nosos pasos polo doce devagar do seu pais dos soños mais íntimos que vai nesta “Cunca” baleira de mentiras e chea de sentido e sentimentos, viaxe ao interior dun mesmo.
Mais a pregunta a que imos ir descubrindo resposta dun xeito imprevisible e novo , cunha linguaxe directa, as veces monosílabos bastan, o longo destas sesenta paxinas máxicas, destes  mais ou menos trinta poemas atrapados no branco da folla e no vértice escuro do baúl dos recordos desexos e inquedanzas,  labirinto de debuxos e puntos suspensivos, as veces olladas sen querer de inocencias infantís coma o propia autora atrapada na sinxela candidez da nenez, a femia do presente e o descoñecido.
Retomo o fío dos meus pensamentos e me repito a pregunta: ¿Quen é Cunca?.¿Que é Cunca?. ¿Por qué e para que Cunca?.
Cunca é muller, quen recibe, quen se enche, quen proclama a súa condición e tantas outras cousas que non se escriben con palabras…….(A autora mesmo se fai a reflexiòn e dase resposta paralos curiosos cama min.).
A poesía de Cristina é singular, non define nin resulta concluinte, so suxire e deixa a nosa mente fuxir polo ceo morno das palabras, coma na musica das fontes e a murmurio do vento éntrelas follas dos carballos dos nosos montes nestes invernos grises de solitarios cheos de vida propia,  invisibles coma nos atrapados nun tempo en un espazo que non é noso nin tan sequera resulta doado de esquecer.
E tempo dos recordos, os soños e as ilusións desta Cunca que se retira na cova do silencio, onde falan voces luminosas e claras, onde podes agardar abismos coma buratos negros que nos engule e converten en po sideral materia gris das estrelas sen brillo no firmamento dun tempo ao que abrir o corpo espido e amar, amar sempre, coma fai esta Cunca, de Cristina  esta dona Cunca, cunqueira.
Os poemas desta Cunca poesía nos deixan o amargo sabor dos conformes, pasmados de corazón e ollos ben abertos o que xa se foi, pero quedou atrapado nas palabras e os versos libres de Cristina de Merza; poemas das catro estacións da vida; primavera, descuberta, tristeza morna e Cunca baleira, tal vez algún día ao volver a terra húmida da vida que se nos foi entrelos dedos das mans.
Velaí tedes as súas fermosas palabras coma remate en tanto sentados nas pedras frías desta escaleira a nada ,ficamos trala venta quente do escuro agardando pola vida desta “Cunca” de todos nos:

“Vou ao encontro da noite escura
Noite escura sen fondo
burato negro
poderosamente me chama
loba solitaria
camiña sen rumbo
loba nai
loba femia
salvaxe
sae da frondosidade da cova
Nada a agarda”.....
 
 

Publicar un comentario