jueves, 14 de marzo de 2013

MANUEL MARIA.......OS LONXES DO SOLPOR.




Non sabemos se primeiro foi
a  luz ou a palabra,
a palabra da luz,
a luz da palabra
a palabra sen luz
a luz sen a palabra.
máis a palabra ten luz
e pode, quizais, acontecer
que a luz non ten palabra.


------------oooooooooo--------------

Levamos toda a vida amando
a palabra,
loitando coas palabras,
tentando vencelas,
denudalas
e ficar apenas
coa lúcida pureza da palabra
para que sexa unicamente
claridade,
musica
resplandor
tremor puro
que poida
mover e conmover a creación.
----------------oooooooooooooo---------------------

O pobo que deixa perder a sùa palabra
creada, herdada,usada,revelada,
aquela que lle é propia e singular,
a que é unicamente súa,
està empobrecendo o mundo
e perpetrando o seu propio genocidio.
Ese pobo vil
ollará aniquilada a súa membranza
e o seu nome indigno
borrarase, sen máis, do universo;
hai agresións á beleza e ao espirito
que a vida non tolera nin perdoa.

Publicar un comentario