ARTIGOS NO FARO DE VIGO......(AO PÉ DO FARELO).

AO PE DO FARELO
OS NOSOS MAIORES
Cando un es novo e tes todala vida por diante para equivocarche unha e mil veces, un ve a xente de idade camiñando a modo e ranqueante fronte a nos, o pelo branco, así tan fráxil que da a impresión de irse a rachar en anacos de cristal se caen ao chan, as mans trementes e miles de engurras na pal e no corazón e da por suposto, erroneamente que xa teñen a vida resolta.
Cando un es novo non comprende que tamén os nosos maiores, eses que chamamos con desvergoña; da terceira idade, moitos deles cunha carga de recordos, sabedoría e vivencia inigualables , e dos que tan so nos acordamos de cando en vez, cando precisamos algo de eles, unha boa neneira, alguén que leve o noso pequeno ao parque, no mellor dos casos, o dos que botar man porque non chegamos a fin de mes, o no peor dos casos son a único fonte de ingresos na familia, grazas a súa pensión .  Eles digo, tamén senten, sofren, padecen e viven cheos de contradicións e medos os mesmos que a xente nova non son quen de imaxinar.
Eles tamén, dende logo que si, poden estar feitos un lío e sentirse perdidos, confusos, fracasados, esquecidos, maltratados. Eles tamén poden estar cheos de temores e inquedanzas, e seren conscientes de cantas e cantas cousas fixeron mal no pouco tempo do que disfrutaron. Cantos e cantos erros cometidos, cantas ilusións falsas, canto autoengano para poder seguir adiante,cantas cousas terían que cambiar de poder vivir de novo o pasado, cando menos. Sobreviven coa certeza de que case que todo na súa vida tería sido diferente no caso de tomar outra decisión no momento axeitado  . A vida éche así, un cúmulo de erros, unha chea de cruces de camiño no que tes que decidir cara onde queres ir, o peor de todo e que non sabes o que che agarda ao final e se acertaches ou non. Nunca o imos chegar a saber.
No caso extremo, alí sos diante do espello de se mesmos, cando na soidade da habitación baleira e fría fan exame do que foi toda unha vida, senten nas súas gorxas de pel fláccida aterecidas polo medo autentico ao descoñecido, a certeza do futuro que agarda por todos nos a volta de calquera esquina, a morte sen dubida o único irremediable e definitivo da vida.
Cando un es novo nada desto ten sentido, e cres coa estupidez propia  da xuventude,-a única enfermidade que se cura co paso dos anos,- que un pensa é eterna, que os vellos  teñen a vida resolta e non poden entender que estes tamén poden estar feitos un lio e cheos dun medo visceral a non espertar maña, a non ter unha nova oportunidade de dicir a súa compañeira/o de sempre, “Quéroche”, e entregarse nunha tenra e doce aperta de corpos e almas, sempre novos no seu recordos, porque é o único real polo que non pasa a  criba dos anos; os recordos, malaia que as veces a cabeza vaise e o pouco que nos queda autentico, ala vaia tamén deixándonos secos coma unha folla de carballo nos outonos dourados destas nosas fragas.
Angel Utrera








Comentarios

Entradas populares