XOSE VAZQUEZ PINTOR-COLUMNAS DE PAPEL 2.

PRESENTACION Do segundo tomo de Artigos de XOSE VAZQUEZ PINTOR, "COLUMNAS DE PAPEL 2, en LALIN.....


Vázquez Pintor presenta en Lalín sus ´Columnas de papel 2´

El escritor melidense afincado en Cangas, Xosé Vázquez Pintor, presenta su último libro el 27 de este mes en Lalín. El acto tendrá lugar en el museo Ramón Aller a partir de las 20.30 horas, dentro de las actividades que organiza la Concellería de Cultura. El segundo volumen de Columnas de papel está editado por Morgante Edicións y recoge la actividad periodística de este escritor entre los años 1993 y 2012 en diarios entre los que figura FARO. El volumen está dedicado a las víctimas del accidente ferroviario de Angrois del pasado 24 de julio.
DEIXOVOS A MIÑA ANTERIOR ENTREDA DONDE DAVAVOS CONTA DA PUBLICACION DA PRIMEIRA ENTREGA DESTES AÑOS DE ARTIGOS DE OPINION DO POLIFACETICO MESTRE DA PALABRA.....






Columnas de papel, de Xosé Vázquez Pintor

A fecunda relación existente entre quen fai ficción e se proxecta no universo das colaboracións xornalísticas constituíu na nosa tradición un factor ao quen sempre cómpre estar, ao meu ver, moi atento. De Rosalía de Castro a Curros, de Otero Pedrayo a Risco, de Celso Emilio Ferreiro a Álvaro Cunqueiro, de Manuel María a Eduardo Blanco-Amor…, existe unha liña continua e coherente que pasa por espellar opinións e puntos de vista nos medios de comunicación escritos, nomeadamente a través das páxinas dos xornais.
            Persoalmente gárdolles moita querenza aos libros deste carácter polo que neles se aprende, organícense baixo o criterio que for  pois,  alén do valor intrínseco que poden atesourar, medra neles un proceso de revaloración, de dignificación mesmo ao poder analizarse con outra perspectiva que non sexa a que se deriva en moitas ocasións dunha lectura xeito fugaz que  os condena ao reino do efémero. Por iso, ao pouco que se lean con atención, non é difícil atopar elementos que se entrecruzan con outras dimensións dos traballos narrativos ou poéticos de quen os subscriben.
            Neste ronsel é onde cómpre situar o presente Columnas de papel, de Xosé Vázquez Pintor, unha antoloxía dos artigos que o escritor radicado en Cangas subscribiu en diversos medios –boa parte deles neste mesmo xornal-, que agrupa baixo o título de “A lingua e outras vidas” e que viron a luz orixinalmente entre 1987 e 1993, á espera doutro volume que completa este camiño ata a actualidade.
            O volume, dedicado a quen foi director de Edicións do Cumio, Carlos Blanco respecto de quen conflúo no recoñecemento, recolle en esencia artigos de opinión que posibilita atravesarmos os campos da memoria, vermos pasar os días, as estacións e as paisaxes a través dun prosa limpa  e en tantas ocasións escintilante, na que se empresta unha especial atención ás expectativas e vivencias vinculadas coa lingua de noso, pero non só pois tamén hai crónicas de experiencias concretas ou análises da percepción do universo da emigración –un dos máis fermosos, para min, é o que relata o encontro no entorno familiar co actor Tacholas-. Ao tempo, vertébranse achegamentos á actualidade política galega, estatal ou mesmo internacional; súmanse reflexións ao fío do mundo do ensino nas que teima na precisa promoción da literatura nas aulas e mais na sociedade galega coa que tanto estou de acordo; esculca nos medios de comunicación ou no que denomina o “catastro” da cultura galega, sen esquecer as homenaxes “literarias” rendidas ás figuras de Lueiro Rey, Berceo, Celaya, Otero Pedrayo, Arturo Cuadrado ou Álvaro Cunqueiro ou ao mundo da dramaturxia en xeral.
            Sinala no propio libro Vázquez Pintor que estas que aquí recolle son “palabras de papel, como quen di que as leva o vento”. Agora, tras sacárselles a aparente poeira, veñen para quedar, para informar, para divertir, para reflexionar como cando afirma con brillantez e discretamente que “Galicia é cousa de amor, máis que de citas e de números” ou cando escribe que “estamos a vivir unha serie de secuestros íntimos: a palabra, o gozo, o tempo, a paisaxe…”.  Eu alégrome, e moito, que se publique este libro, para non  esmorecer.

Esta recensión, baixo o título de «Palabras do xornal recuperadas», publicouse nas páxinas do suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia, o 2 de marzo de 2013.

 (Copio e transcribo tal cual o artigo publicado no blog  Caderno da critica de Ramon Nicolas, onde nos conta das novas andainas de XOSE VAZQUEZ PINTOR...).

Comentarios

Entradas populares