ESTIBALIZ ESPINOSA

POEMAS DE UN DOUS
II.
amor meu
ou é que non se pode dicir nun poema
amor meu
ou é o sol por repetido menos sol
ou é a folla por sempre igual
menos crible.
III.
ritmo
algo pùxote a andar
era unha noite, non máis noite ca ningunha outra
pode que fose noite dentro do dia.
algo pequeno, unha noz de sensores
cando a tocaches a noite se abriu como as granadas o sentido do que sentes
un dous.sei o que sentes
tres catro-as nosas avoas recollian cereal nos mesmo campo
cinco seis-paxaros,cristais de xeo
sete oito-bucear esta arteria desaparecida
nove cero-lanzar esta sonda
as bacterias poden vivir 250 millóns de anos nun trozo de sal
elas coñecerante a ti, pero non eu
as miñas bacterias provocarán a túa enfermidade......
Estibaliz, sente e asi o ten escrito na súa "lista de cousas que me derreten ata a dilatación total da pupila:
O fociño dun gato, certas formaciòns nubosas e a palabra ionosfera, conducir de noite pola autoestrada os ombros de Samuel, a secuencia da batalla sen voz en Ran, rebasar unha curva e atopar de pronto a Refineria ,o chocolate negro, veludo azul escuro, unhas babuchas douradas que merquei.....
(Na paxina Web da AELG, tedes mais, para o que teña curiosidade por coñecer mais deste encanto de poeta, e muller.http://aelg.org)

Comentarios

Entradas populares