martes, 17 de abril de 2007

OS PREMIOS ESQUIO.....NOS PENDELLOS DE AGOLADA.


PREMIOS ESQUÍO NOS PENDELLOS
O día 21 de Abril, sábado a “SOCIEDADE DE CULTURA VALLE-INCLAN”, de Ferrol, celebra nos Pendellos d’Agolada as Voda de Prata dos
PREMIO ESQUÍO DE POESÍA (galego e castelán)
No acto, a Sociedade promotora recoñecerá a ilusionada entrega de Julia Uceda (Sevilla 1925, residente en Ferrol ) ”alma mater” do certame, Premio Nacional de Poesía e que acaba de merecer nestes días o Premio Nacional da Crítica Española.O programa ofrece un amplo panorama desde as 11:00 hs. ata máis alá da noite: Recibimento aos asistentes ; breve información histórica da Feira e dos Pendellos, segundo o roteiro; presentación do libro “POESIA VIVA, PURA POESIA”, (Antoloxía dos Premios Esquío: 1981-2006); recital dos poetas premiados, conducido por Vicente Araguas; degustación gastronómica (contamos a presenza dos irmáns estremeiros da Fala, desde o Val do Xálima, coa súa mostra de produtos identitarios: a fala, o aceite, viño, licores, doces, cerámica....).Xantar no restaurante Agolada. Proxección multimedia na sobremesa sobre O Farelo e o Patrimonio Natural do concello de Agolada.Ás 17:00 hs. prosegue a Festa da Palabra, a Pintura e A Música, nos Pendellos, (haberá unha carpa e megafonía de estrea, por se o tempo non axuda).
AMIGOS DOS PENDELLOS ORGANIZA A PARTIR DAS 20:00
“Editos e Inéditos-Poesía en Obra”
coa participación de cantos poetas queiran estar. A parte musical quedará da conta de compoñentes de A Quenlla, Bico da Balouta, Axóuxere…, e os poetas que xa teñen confirmada a súa asistencia, ata o día de hoxe: María do Carme Álvaro, Carmen Gago Florenti, Colectivo Xílgaro, Ramón Caride, Mero Iglesias Dobarrio, Fernández Abella, David Otero, Elvira Riveiro Tobío, Antonio Piñeiro, Angel Utrera..., e o acompañamento dos Artistas da Plástica Galega que honran na súa obra creativa os espazos desta arquitectura popular e das Feiras de Galicia: Manuel Busto Magdalena, Camilo Camaño Xestido, Xulio García Rivas, Paco Lareo, Damian Paío, Luís Viñas, Wyli, Fernando Oro, Saúl Otero...Queimada popular.
(Para máis información 616 581025)
Publicar un comentario