LUZ PICHEL
CASA PECHADA.............
I.
BOLBORETA NO SON
____________________
A roupa contra a pedra,
o xabòn contra a roupa,
a chuvia contra o tellado do lavadoiro
e no medio da chuvia miras as mans
abertas coma dúas ás arrugadas, moi limpas.
Pero ti non es unha bolboreta,
non se che vai coa auga a fariña das ás,
ti pódeste mollar.
II
DÓEME ESTA MAN
_____________________
Dóeme esta man, papá
a de apretar os caldeiros e o sacho,
a de arrancar as millás que afogan o millo
e secan sen dar nada,
a de aloumiñar os gatos que veñen onda min
e escapan coa barriga chea.
Dóeme a man de fregar a lùa no regueiro,papá,
mira as feridas.
------------ooooooooo----------
Luz Pichel 1947, Lalin
Do séu libro "Casa Pechada", XXVI premio Esquio de Poesia
no ano 2006.

Comentarios