VERBA QUE COMENZA
Sempre verba do chan máis fondo
-ouveo marzal, pisada cega-vento¡
Non te atopas no teu pero si.
Non te atopas no doutro, pero si.
Apañas,
apañas en cume,
apañas en val,
apañas en terra-xeme-furna.
Vas apañando,
apañas e deixas.
Cando deixas de cume, fires,
cando deixas de val, remas.
Ouh, pro si deixas de terra, amigo¡
Si deixas de terra, levas,
levas peito que che empuxa-verba feita-,
levas aquel dia craro-longo-tempo meu-,
levas aqueles que che escoitan,
escoitan e non din,
levas terra en quenturas que de ti deixaron
-cinza que alumea-,
levas forza que de ti che prestan,
che prestaron.
Vento¡.
-Maria MAriño-
Do seu poemario Verba que comenza.
No presente ano 2007, a REal Academia Galega, dedicalle o
"Dia Das Letras Galegas".
Maria é unha poetisa intimista, feita na tradicion popular, Dende Noia ata O Courel.
Coa súa palabra Maria sorprende e descúbrenos as cousas que constitúen o seu mundo, o mundo que a envolve.
Maria a costureira, asistiu poucos anos a escola, foi unha muller sensible e solitaria, non foi unha muller corrente e non encaixaba no molde da tradición do seu tempo......
Hoxe temos a palabra, e os recordos, polos que segue viva.
Comentarios