XOSE VAZQUEZ PINTOR. " Banzados"
E chove a química inversa na alfombra de palla
cando todo e verde vida é cada vez memoria
e catastro consentido, nunca reflexiòn.
A policromia volcánica dos insectos
camiña sen azas o norde da liturxia
a contramarcha do instinto, onde se agocha o olvido.
A lúa cohabita cada noite máis próxima
ao sono da paisaxe:sede, cráter de lomba,
fumazo, manancial da seca, ingrávida matria
que nos minte e leva en andias cara a finitude
coas músicas do alcacén e o vento das biqueiras,
serpe dos encantos que nos varre o soño aquel
do amor e das entregas cando era o gran silencio
e deus viña un chisco máis abaixo a conversar.
Xose Vázquez Pintor
Do seu Poemario: Banzados
I Premio Uxio Novoneyra, no ano 2000.

Comentarios