miércoles, 25 de abril de 2007

JOSE ANGEL VALENTE


Cerquei, cercache,

cercámolo teu corpo, o meu corpo, o teu,

coma si foran só un soio corpo.

Cercámolo na noite.

Ergueuse á ialba a voz

do home que pregaba.

Terra allea e máis a nosa, alén, no lonxe.

Ouvin a voz,

Baixei sobor teu corpo.

Abriuse, améndoa.

Baixei ó outo

de ti, subin ó fondo.

Ouvin a voz na raia

do sol, no achegamento

e na inseparaciòn, no eixo

do dia e maila noite,

de ti e de min.

Fiquei, fun ti.

E ti ficache

como ti es, pra sempre

acesa.


--000----

Jose Angel Valente.(Cántigas de Alén-1980-1996)

A dimensiòn moral da obra poetica de Jose Angel Valente,

marca un punto de inflexion na poesia Española. Poeta como poucos

consegue un espazo propio, un universo creado por e para se.

Premio de la critica no 1960 e 1980 asi como premio Principe de ASturias

das letras no 1988 e Nacional de literatura no 1993. Morreu de corpo, mais non de espiritu, xa que segue vivo na súas palabras, en Ginebra (Suiza), o 18 de Xulio de 2000.


Publicar un comentario