PAULA CARBALLEIRA

I.

Unha nube gris pasou por Africa
__________________________

Unha nube gris pasou por África
de cando en vez
a nube choraba
porque no lle gustaba o que via.
A xente poñiase contenta
cantaba e bailaba
porque chovia.

------------0000----------
II.

SARA
_________________
Sara atopou un óso
só un
un óso

no deserto.
E a Sara entroulle unha pena
unha soa
pero tan grande.......
Enorme
Infinita
Unha pena que nunca sentira
Sara lanzou o óso ao ceo
Ao ceo azul
para que voase
O óso xiraba
o óso parecia un sorriso
Un sorriso de ceo azul
Unha estela de día
O óso desapereceu no horizonte
A pena tamén.

---------------xxxxxxxxx-----------------
Paula Carballeira
(De séu libro de poemas "Contatrás"-Marzo 2006

Comentarios

Entradas populares