MANUEL XOSÉ NEIRA
ABANDONO DA NOITE
_________________
Graal II
. . . . . . .. . . .
Convocábanos a chuvia.
Rumoreaba, entre a enramada do corazón,
a tardiña.
Non era moito o que se anuncia en Compostela
contra toda a soturna historia:
un tempo escorrregadizo, disperso, non de bronce,
non de ferro,
un clareiro ou templo, certas avez xa esborradas
ou nada.
Chegabas ti. Prender un lume. E permanecer
estrañablemente unidos no tempo.
(Manuel Xosé Neira, foi premio Esquio de Poesia no 1992, co seu libro de poemas "Abandono da Noite". Na presentaciòn dos dous poemas seús recollidos no libro Poesia Viva, Pura Poesia, (PRemios Esquio 1981-2006, escribe como limiar:
A poesia non é (ou si), un xogo. Ë unha dura pelexa:os bosques e a corrupcion urbanistica. Estou acariñando a idea de morrer porque vivo nun barrio suicida.....Tempo de trobadores con pantalóns brancos.....No rural Galego: a destrucciòn.
O pasado 21 na Festa dos Esquios en Agolada, adicoume este poema:
"Para Angel Utrera, iluminado pola alustre da poesia.......
Comentarios