lunes, 28 de mayo de 2007

ANXOS ROMEO


Como unha vinganza mirote e penso
nos sacrilexios que interveñen
nas festas dos montes bañadas
cas dúbidas que se celebran
cando o sol durme.
Penso en ti, home moitos pobos,
penso nos costumes, no onte,
no agora e próximo de vir as viaxes
recollidas en ofrendas, sabas,
ceos e vontade humana
de ser uns personaxes vencidos no regreso
á fame.
Penso nas moitas columnas
que os templos farán pra nós,
cando a arte deixe nos brazos
as lanzas daqueles
cos te temos compartido cantos
manxares e carne.
Penso co corazón triste
na praia espumosa, na cidade,
nas doces roupas
e regresar á túa patria
Na ternura exaltada de violins e chuvia.
Penso e destrozo a vinganza de mirarme
penso....e mirote.
II
os remuiños apagan a sede das pedras
a memoria pode chegar a ser unha rúa sen saida
escurecendo ainda máis o óxido que nos implanta o cerebro
o baleiro engole a paisaxe e tódalas liturxias que ollan pra
tecer os espacios que regresan a ocupar os seus dominios.
(Anxos Romeo, A Eestrada-Pontevedra 1965).Pintora e poeta, en 1996 publica o poemario A Estatua, co que dase a coñecer ao travès dunha linguaxe surrealista que busca indagar no poder da palabra, como liberacion do ser. Posteriormente publicou Ollos de sal, no que reafirmase na expresiòn mais descarnada da memoria e o mundo.)
Publicar un comentario