XOSEÉ LUIS MÉNDEZ FERRÍN

Estirpe-Escolma.Serpe

nas Illas cando chove
hai asobios secos e un alustre espiral
que se enguedella dentro da memoria
aparicion agora da serpenta
na peneda nos fondais do soño
vós mulleres estades no intre alto de pari-lo fillo
e ela espreita ali
nos chorros urros castañetas de dentes feces polo curso
e cómo vos torcedes
arrótavos o dentro un argullo mesto
rachan panos de baixo
afeas lumes coiteladas froles
invádenvos a vida
e corgas de negror manan de afeito
e cómo vos torcedes
no seguro segredo dos paridoiros escusados
nos profundas da bouza
a cobra aperta a cobra cingue espreme
cos seis aneis os ventres das feminas do mundo
iluminados por dentro iluminados
e cómo vos torcedes
e ven de noite a cobra
polo luar que é cousa das mulleres
sitio da cobra dos grandes ollos
é percura do leite e mais dos tetos
a cobra trai a cria.........

Xose Luis Méndez Ferrin-Ourense 1938, deuse a coñecer como poeta coa obra Voce na nèboa 1957.Foi candidato ao Nobel de literatura no ano 1999. A súa obra e extensa e profunda, e foi premiada reiteradamente pola súa calidade. Premio da critica, Premio Eixo Atlantico, etc.
Obras mais significativas, Con pólvora e magnolias, 1977 O fin dun canto, 1982 Erotica, 1992 Estirpe, 1995, entre outras.m

Comentarios

Entradas populares